Outra novidade do traballo do voluntariado neste curso 24/25 son as LECTURAS COMPARTIDAS.
Pero como son tantas as novidades do voluntariado e os espazos son os que son, cando coinciden varias actividades hai que buscar solucións.
Por esa razón esta semana Alexia, voluntaria de 5º B de primaria, foi ata o patio de Infantil para compartir un conto coas nenas e nenos.
O que parecía unha adversidade, ter o Salón ocupado polo TORNEO DE BAILE, fixo que descubríramos o patio como un lugar fantástico para ler, e ao alumnado de Infantil co,o un público moi entregado.
![]() |
Semellan unha burbulla no gran patio de Infantil |
![]() |
Alexia, na compaña de Xiomara entregouse co seu conto |
![]() |
Libremente, estas nenas e nenos escolleron deixar de xogar para escoitar a Alexia. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario