luns, 24 de abril de 2023

LECTURAS COMPARTIDAS E OBRADOIRO. Colaboración entre Infantil e Primaria

 Crónica de Alma González, alumna de 5º B de primaria.


Na aula de 4º B de Infantil, coa axuda das nenas e nenos de 5º B de primaria, fixéronse unhas preciosas chaves dos soños.

Primeiro, cunhas chaves normais, as pintaron eles sós. 





Despois coa axuda dos de 5º, recortáronnas e botáronlle pegamento. 







E por último, o paso máis importante, os polvos das fadas, que Nerea e Goretti recolleron a noite anterior. Había de dúas cores máxicas: o rosa e o verde.







QUEDARON PRECIOSAS!!












martes, 7 de marzo de 2023

SEMANA DA MULLER

 No marco da celebración do 8 de marzo, no CEIP de Figueiroa contamos, grazas á mestra Carmen e Lingüereta, coa exposición "Mulleres Valentes", e coa presenza da súa autora: Rosa de Cabanas.

As nenas e nenos de 6º de primaria tiveron a sorte de poder escoitala, de saber como xurdeu esta exposición e de achegarse a pequenos segredos, que Rosa foi debullando.

A continuación, o vídeo que dá conta desta visita:

As palabras de Rosa recollidas polo alumnado de 6º A de primaria:

“Que debuxar en calquera esquina dun papeliño en branco converteuna en quen é hoxe”

“Que máis alá dos títulos está o que podes facer con eles. Rosa é arquitecta pero tamén deseñadora gráfica (todo o que está foi pensado por alguén), ilustradora e debuxante apaixoada.”

“Que endexamais debemos rendernos se temos un soño. Hai que ir a por el e iso fárache feliz.”

“O mellor método para aprender a debuxar é debuxar.”

“O mellor método para aprender algo é a práctica”.


“Sen traballo non se alcanzan os soños”.

“Ponte unha meta e non te rindas”.


As dificultades supéranse con traballo, dedicación e valor para seguir.

Todas as persoas dependemos unhas de outras.  E apoiámonos uns nos outros


Soamente cando te esforzas moito acadarás un resultado positivo. E se non o fas volve a intentalo con máis forza.

Non teñas medo de facer o que desexas.


As mulleres galegas son un exemplo de valor, de valentía: sacaron adiante fogares e familias con pouco.


 Un dos segredos que nos contou Rosa:

Cando era nena, despois de facer un debuxo, a súa mestra Doña Flora díxolle: 

- Ti tes que ser arquitecta. Fan falta mulleres arquitectas. Mira o que fan os homes.

E sinalou para fóra, ao que se vía pola ventana da aula. 


Pero sobre todo, quedou ben clariño que

DEBUXAR É UN SÚPER PODER. 











Ao longo desta semana, a SEMANA DA MULLER, o Equipo de Voluntariado presta especial atención ás actividades que oferta nos recreos da Biblio de Carola.


Temos unha nova cita co  CICLO DE CURTAS - SEMANA DA MULLER


Nesta ocasión o voluntario DANIEL DURO vainos sorprender cunha escolla de curtas para proxectar ao longo de toda  a semana. Colabora na proxección o incombustible MATEO CONSTENLA.

Cartel deseño de Daniel Duro


Dentro desta oferta no salón, contaremos tamén coas PRESENTACIÓNS dixitais sobre vida de MULLERES que fixo o alumnado de 3º B. Este acto terá lugar o 8 de marzo, coincidindo coa data oficial de celebración.


Pero dende outros recantos a presenza das mulleres, da celebración do Día-Semana da Muller, tamén se aprecia. En canto dispoñamos de mostras do traballo realizado, compartiremos nesta entrada do blog.

sábado, 25 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA NO TEATRO PRINCIPAL

 

Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, o Concello da Estrada, en colaboración cos centros educativos da vila, presenta en homenaxe á gran poetisa galega Aí vén a tola soñando, un videoclip realizado e filmado por Lucas Terceiro e cunha canción composta e interpretada por Gabriel Blanco (Plan Siberia) que pon música a un poema de Rosalía. O traballo conta cunha coreografía creada pola bailarina Jacqueline Reimúndez e bailada por un abano de alumnos/as procedentes de distintos coles estradenses.



FONTE: Blog do EDLG do CEIP de Figueiroa Dinamiza Figueiroa

luns, 20 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023. Grupos de cine

 

Fotos "oficiais" da nosa particular alfombra vermella:



6º C de primaria. "Charlie e a fábrica de chocolate"

6º B de primaria. "Charlie e a fábrica de chocolate"


6º A de primaria. "Charlie e a fábrica de chocolate"


5º C de primaria. "La la land"


5º A de primaria. "La la land"

5º A de primaria. "La la land"

4º B de primaria. "7 noivas para 7 irmáns"

4º A de primaria. "7 noivas para 7 irmáns"

3º B de primaria. "O Rei León"

3º A de primaria. "O Rei León"

2º B de primaria. "Cantando baixo a choiva"

2º A de primaria. "Cantando baixo a choiva"

1º B de primaria. "Brancaneves"

1º A de primaria. "Brancaneves"

6º C de infantil. "Mamma Mía"

6º B de infantil. "Mamma Mía"

6º A de infantil. "Mamma Mía"

4º B de infantil. "Grease"

4º A de infantil. "Grease"

3º B de infantil. "Cazapantasmas"

3º A de infantil. "Cazapantasmas"

Profes especialistas "Familia Adams"

ENTROIDO 2023. Festival de cine

 Aquí queda o PROGRAMA DO FESTIVAL do entroido deste curso. 

Agora que xa pasou o día, e a sorpresa foi acadada, xa podemos compartir o guión:




E a pesares de ter sempre a mesma "retrónica", non podemos deixar de decir, unha vez máis

GRAZAAAAAAS


Cartel exposto na porta do cole durante a semana do entroido