xoves, 12 de decembro de 2013

NA TÚA CARTA DE REIS ...UN LIBRO TAMÉN

Coma todos os anos ao chegar o Nadal o colexio de Figueiroa en colaboración coas librerías de A Estrada organiza unha exposición de libros para que todos nos animemos a incluír alomenos ún entre as peticións que fagamos aos Reis. O CEIP de Figueiroa agradece ás librerías Alberte Quiñoi, Durán, Faro, Lolimay e Marxe a súa participación nesta actividade de fomento da lectura, que chamamos  "Na túa carta de Reis...  un libro tamén".


Ningún comentario:

Publicar un comentario