xoves, 19 de xaneiro de 2023

HOXE FALAN DE NÓS... no Faro de Vigo

A Biblio de Carola na portada do Faro de Vigo
Faro de Vigo, Bernabé/Javier Lalín
 




O traballo que está facer o voluntariado da biblio, aparece hoxe no xornal.

Aquí á dereita, podemos ver a PORTADA do xornal. Semella, que en relevancia, despois da nevarada que vestíu Galicia de branco, está a nosa biblio (jeje).




Pero a atención que nos presta a xornalista Ana Cela, vai máis alá da protada e escribe un artículo a catro columnas, con 3 grandes imaxes de como estaba a nosa biblio no recreo do mércores 18 de xaneiro de 2023.

Obradoiros do voluntariado na Biblio de Carola
3 obradoiros na Biblio de Carola o 18 de xaneiro de 2023. 
Faro de VigoBernabé/Javier Lalín



Dende a Biblio de CArola non podemos estar máis orgullos@s do noso voluntariado. A pesares da pandemia que parara en seco esta iniciativa, e de que hai moi pouco tempo dos inicios desta nova fornada de voluntariado, o funcionamento durante os recreos é totalmente autónomo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario