luns, 11 de setembro de 2023

FIGUEIROLIMPÍADAS: un curso de campionato!!!

 O curso 23/24 vai rematar coa inauguración dos Xogos Olímpicos de París. Aproveitamos esta celebración para adicar o PDI deste curso ao "feito olímpíco" por todas as cousas boas que nos pode aportar. 

A nosa pretensión é achegar os valores fundamentais do olimpismo á nosa comunidade educativa, mediante o PDI “Un curso de campionato”. As actividades para realizar serán diversas, traballando en equipo e promovendo a participación de todas e todos. Os alumnos coñecerán a información referida ao Olimpismo, pero tamén desenvolverán actitudes de cooperación, de empatía, de respecto aos demais, e fairplay, como valores do Olimpismo.

O CÓMIC tamén terá moita presenza, dado que é o xénero literario proposto pola Aseosría de Biblitoecas para traballar neste curso.


Un ano máis, a entrada do noso cole rinde homenaxe ao PDI e recíbenos así o primeiro día de clase:














Ningún comentario:

Publicar un comentario