sábado, 28 de decembro de 2024

Certame de Teatro Escolar "Olimpio Arca": o noso PDI a escea

 Carmen Sánchez, a nosa flamante mestra, escritora e compañeira creou unha obra deliciosa para representar no certame de Teatro Escolar que leva o nome do que foi durante tantos anos director do noso cole: OLimpio Arca Caldas.

As fontes das que bebeu Carmen veñen dun traballo no que contamos coa colaboración das familias do noso centro: CANDO BAILAR ERA COSTUME.

A partir dun breve cuestionario que se enviou ás casas puidemos saber dos hábitos de lecer das nosas familias dende os anos 50 noque a bailar se refire.


As nosas familias responderon moi xenerosamente e cumprimos un ano máis ese obxectivo de contar cos avós e avoas para que non informen. As fichas que viñeron de volta foron moitas e aportaron información moi novedosa, soubemos da existencia de moitos salóns de baile en moitas das 51 parroquias do noso concello. Cunha soa proposta cubrimos dúas das nosas liñas centrais dos PDI: TOPONIMIA e INTEXENERACIONAL.

Pero ademais puidemos ir vendo como evolucionaron os hábitos de lecer e os puntos de encontro para bailar ao longo do tempo.
Carmen soubo recoller todos eses datos e darlle forma para engaiolarnos, unha vez máis, coas súas historias. E tratándose de baile, hai que agradecer moito á profe Rebeca que integrou perfectamente as coreografías exactas para facer deste espectáculo un momento único e propio.

Aquí queda a gravación recollida pola AC Vagalumes, entidade promotora do certame



Aquí deixamos os resultados ordeados por décadas. Non son os totais, porque aínda estamos a recibir cuestionarios.

Ata 1950


Anos 60

Anos 70


Anos 80


Anos 90


S XXI


Aquí deixamos a ligazón para ver todas as actuacións representadas no Certame


venres, 20 de decembro de 2024

Recomendacións lectoras no Nadal 2024

 Unha vez máis as biblios PLAMBE dos coles de infantil e primaria da Estrada 

      • CEIP Cabada Vázquez
      • CEIP de Figueiroa
      • CEIP do Foxo
      • CEIP Pérez Viondi
      • CEIP Villar Paramá

xuntámonos para facer as nosas recomendacións lectoras para ter posibilidades de escolla de lecturas no Nadal. Coma sempre son lecturas EN GALEGO.

Propoñemos as nosas librarías locais se queremos telos para sempre, pero tamén se poden ler nas biblios virtuais como E-LBE.2, proxecto de lectura dixital do que forma parte o CEIP de Figueiroa ou GaliciaLe. Ademais a Biblio de Carola poñerá en servizo de préstamo todos os libros recomendados.

Os documentos elaborados polo noso cole, como non podía ser doutro xeito, están ambientados na temática do PDI deste curso: ESCOLA DE BAILE. 

Cartel feito para ser distribuído nas librarías locais








FELICES LECTURAS E FELICES FESTAS!!

xoves, 19 de decembro de 2024

EDITORIAL: 2º número de "O baile é noso"

 Cando o Consello de Redacción do Xornal está pluriempleado (forman parte do elenco de actores e actrices que dirixe a profe Carmen Sánchez para participar no Certame de Teatro Escolar "Olimpio Arca", ensaian para o Festival de Nadal...) facer un número do xornal mensual faise moi difícil.

Esa é a razón pola que rematamos o 1º trimestre cun único número para os meses de novembro e decembro, aínda que co dobre de páxinas do inicialmente programado.

Aquí queda o 2º número de


"O BAILE É NOSO"


domingo, 15 de decembro de 2024

CICLO DE CURTAS do Nadal

 Non descansa o Salón nin o noso voluntariado que continua facer propostas de lecer para o tempo de recreo.

Ambientación de nadal a tope con estas curtas animadas:















martes, 10 de decembro de 2024

Na biblio, nunha fría mañá de decembro...

Podería ser calquera día do ano, pero hoxe quixemos recoller a actividade que se xenera nun recreo na Biblio.

É unha mestura de tolemia, onde ruído e orde conviven, onde os grupos son moitos, pero segue habendo sitio para todas e todos. Onde Xenxo pode ler totalmente concetrado, Sonia, voluntaria encargada de mantemento, está a limpar xogos do patio, o Consello de Redación deste mes, semella non escoitar nada do seu arredor e manteñen a súa atención,...
O Gravitrax, convive cos magnéticos, as tuberías, o scratch, e alá ao fondo un nutrido grupo de bailaríns está "ao seu" ata que notan a presenza da cámara. 

Hoxe había que gravalo!! pero podería ter sido onte, ou mañá... 

A Biblio de Carola non deixa de sorprendernos.



luns, 9 de decembro de 2024

BIBLIO PATIO: estamos de estrea!!!

 

  

Por fin podemos contar cunha actividade desexada dende hai tempo. Grazas á nova área de traballo do voluntariado de ANIMACIÓN Á LECTURA, xa temos varias semanas durante o curso reservadas a BIBLIO PATIO. 

Deste xeito, durante os recreos dúas persoas voluntarias levan ao espazo e o tempo de lecer a escolla de libros que elas mesmas fan. Procuran que sexa variada e que permitan a súa lectura durante o tempo que diura o recreo.


PARABÉNS VOLUNTARIADO!!

CICLO DE CURTAS: Día dos Dereitos Humanos

 Na 10ª semana de curso, Ainara a voluntaria de 6ºB, é a encargada de programar o ciclo de curtas para celebrar o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS.

Esta é a escolla que nos trae Ainara:











sábado, 16 de novembro de 2024

MÚSICA que ambienta na ESCOLA DE BAILE

A música recíbenos no cole cando entramos, acompáñanos nos recreos e despídenos ao marchar.
A música vai mudando cada certo tempo para achegarnos aos diferentes estilos de baile que se están a traballar nas clases.



Grazas a Felipe, temos cita musical a cotío


O luns 18 de novembro comeza a escoita de....





venres, 1 de novembro de 2024

O voluntariado da EDITORIAL saca o seu primeiro XORNAL!!!

 

OUTUBRO 2024

EXTRA!!!


O recén creado Consello de Redacción da Editorial da Biblio de Carola, ven de publicar o seu primeiro xornal.

Foi un traballo fantástico. Durante un mes un grupo de 4 alumnas deseñaron, repartiron tarefas, cumpliron horarios marcados por elas mesmas... Dende a Biblio só podemos felicitar mi sinceramente a:

Noemí Rodríguez, Xiomara Cristobo, Clara Otero e Uxía Vilarelle por este traballo!!



Haberá, ademais da edición dixital deste blog, unha edición impresa que se repartirá para cada clase e na biblioteca.

Para o mes de novembro, novo consello de redacción, novas ideas... Moita sorte!

luns, 21 de outubro de 2024

MENUDA OFERTA!!!

 Unha vez que están asinados e entregados os contratos do voluntariado, está é a oferta que temos de actividades repartidas ao longo do curso:


Nas columnas dos meses podemos ver que actividades hai en cada semana. Tentouse respectar ao máximo as preferencias manifestadas polo voluntariado que quedan recollidas nas columnas da dereita.

En breve abrimos as portas da Biblio de Carola.

Moitas grazas voluntariado!!!

xoves, 10 de outubro de 2024

ESCOLA DE VOLUNTARIADO

 Coma todos os anos, o alumnado que acaba de estrear o 3º ciclo de primaria, agardan pola convocatoria dende a Biblio para formar parte do voluntariado.

Por esa razón, moitas nenas e nenos de 5º responden ao convite de Carola e deciden acudir a formación que se ofrece no mes de setembro.

Este ano hai moitas novidades, o voluntariado diversifícase e podemos falar de varios grupos de voluntarias e voluntarios. Seguirán atendendo os obradoiros durante os recreos, pero ademais, podemos adiantar como grandes novidades:

- Voluntariado de PATIO, cos que poderemos facer diferentes tipos de xogos ou aceptar as lecturas que nos ofrezan na Biblio de Patio.

- Voluntariado de XESTIÓN, para aprender e axudar nas tarefas cotiás que se realizan na biblio.

- Voluntariado de ANIMACIÓN Á LECTURA, onde as posibilidades de colaborar son varias: lecturas compartidas, escritura creativa, booktubers,...

- Voluntariado da EDITORIAL, para traballar na creación dun xornal, ou en podcast de radio, producións de vídeo, mantemento deste blog da biblio...


A formación vaise desenvolver do xeito que segue:



Nas sesións comúns falamos, debatimos e aprendemos sobre:

- que características debe ter a persoa voluntaria
- que documentos empregamos para planificar e avaliar o noso traballo
- o calendario que vai no CONTRATO que se vai asinar para formar parte do volumtariado
- o calendario de celebracións que nos pode axudar a escoller as semanas que imos traballar




No traballo especializado, para poder rentabilizar o pouco tempo que temos para esta formación, porque os recreos sempre son breves, presentamos nas mesas a información relacionada con cada ámbito para que vaian traballando por parellas ou pequenos grupos



      

   

venres, 4 de outubro de 2024

XA ESTÁ TODO NAS CLASES



  En cada clase xa contan co CARTAFOL que recolle as propostas de traballo para este curso. 
Dende hai xa uns anos procuramos que todo estea recollido nun mesmo soporte para que se vaia facendo no momento en que cada titora o considere oportuno,


No cartafol podemos atopar:

  
O esquema-resumo de todas as ACTIVIDADES deseñadas no PDI, diferenciando os momentos: as actividades que se poden desenvolver ao longo de todo o curso e as propias de cada trimestre (tendo en conta datas de entrega se coinciden con determinadas conmemoracións)



O DICIONARIO TEMÁTICO  e unha GUÍA  da biblio




A pregunta de QUEREN SABER.
Neste caso esta é a que corresponde ao cartafol que amosamos ao inicio, a de 3º B de primaria.









     



Como xa está decidida a actividade INTERXENARACIONAL, incluímos as copias para repartir entre o alumnado e facilitar a colaboración voluntaria das familias    

mércores, 2 de outubro de 2024

QUEREN SABER: A actividade que propoñen Carola e Lingüereta para afondar no PDI

 Carola e Lingüereta teñen unha fame de saber insaciable!!

Elas sempre propoñen preguntas para iniciar o PDI de cada curso. Este ano as preguntas poderían englobarse en 3 tipos, según o ámbito que propoñen investigar.





En FOXTROT HISTÓRICO hai preguntas que fan referencia ao baile ao longo da historia. Chámase fostrot, porque as preguntas expóñense na entrada coas pisadas  dun paso deste baile.
  

DANZA XEOGRÁFICA IMPOSIBLE é danza porque semella un paso de baile, é xeográfica porque fai preguntas sobre distintos lugares do mundo, dende os cinco continentes ata a nosa terra, Galicia, e máis de preto, A Estrada. É imposible, porque non se pode facer....., ou si?


O VALS da MESTURA, ten un pouco de todo, son preguntas que non responden a un xénero concreto.


As clases escolleron a PREGUNTA na que queren traballar, e así quedou o reparto:





DICIONARIO. Unha actividade de investigación para crear unha enciclopedia temática

 As clases xa escolleron o dicionario sobre o que van traballar un aspecto concreto do baile.


Moito por investigar para aprender!!

martes, 1 de outubro de 2024

Comezamos coa actividade de TOPONIMIA e INTERXENERACIONAL

 Xa saíu para as casas das nosas familias, a primeira actividade sobre o PDI, onde traballamos en colaboración coas familias sobre os LUGARES.

Esta ano traballamos sobre o BAILE, e esa é unha actividade que acompaña á persoas ao longo da súa vida. Por iso queremos saber onde bailaban os nosos antepasados e os familiares que aínda viven.


Agaramos poder contar con moita información da que poder aprender como foi e como é o noso concello no seu lecer.

luns, 16 de setembro de 2024

A modo de BENVIDA

 A Biblio de CArola ofrece diferentes posibilidades para desenvolver traballos nas aulas. Recibimos con moito gusto a todas as persoas recén chegadas ao cole e amosamos esta información por se fora do seu interés.

GUÍA DE USO DA BIBLIO



INFORMACIÓN PARA O PROFESORADO



mércores, 11 de setembro de 2024

Somos UNHA ESCOLA DE BAILE


O curso comezou co traballo das mestras que quixeron dar unha clara idea do que iamos facer no tempo que nos queda por diante.







 De todas as propostas presentadas, a gran maioría votou por algo que nos gusta e nos presta. Por iso durante o curso 24/25, o CEIP de Figueiroa vaise transformar nunha


A imaxe que nos representa está ben visible na parte superior deste blog, onde Carola e Lingüereta, xa están preparadas para recibirnos AO COMPÁS.


Ogallá cheguemos todos a marcar o paso dun curso que promete ser emocionante e divertido, onde poderemos aprender moito sobre unha das manifestacións que máis caracterizan a un pobo.


Carola recíbenos nun entorno que invita a bailar de múltiples formas.





Este será o proxecto que guíe os nosos pasos:


COMEZAMOS!!!