xoves, 10 de outubro de 2024

ESCOLA DE VOLUNTARIADO

 Coma todos os anos, o alumnado que acaba de estrear o 3º ciclo de primaria, agardan pola convocatoria dende a Biblio para formar parte do voluntariado.

Por esa razón, moitas nenas e nenos de 5º responden ao convite de Carola e deciden acudir a formación que se ofrece no mes de setembro.

Este ano hai moitas novidades, o voluntariado diversifícase e podemos falar de varios grupos de voluntarias e voluntarios. Seguirán atendendo os obradoiros durante os recreos, pero ademais, podemos adiantar como grandes novidades:

- Voluntariado de PATIO, cos que poderemos facer diferentes tipos de xogos ou aceptar as lecturas que nos ofrezan na Biblio de Patio.

- Voluntariado de XESTIÓN, para aprender e axudar nas tarefas cotiás que se realizan na biblio.

- Voluntariado de ANIMACIÓN Á LECTURA, onde as posibilidades de colaborar son varias: lecturas compartidas, escritura creativa, booktubers,...

- Voluntariado da EDITORIAL, para traballar na creación dun xornal, ou en podcast de radio, producións de vídeo, mantemento deste blog da biblio...


A formación vaise desenvolver do xeito que segue:



Nas sesións comúns falamos, debatimos e aprendemos sobre:

- que características debe ter a persoa voluntaria
- que documentos empregamos para planificar e avaliar o noso traballo
- o calendario que vai no CONTRATO que se vai asinar para formar parte do volumtariado
- o calendario de celebracións que nos pode axudar a escoller as semanas que imos traballar




No traballo especializado, para poder rentabilizar o pouco tempo que temos para esta formación, porque os recreos sempre son breves, presentamos nas mesas a información relacionada con cada ámbito para que vaian traballando por parellas ou pequenos grupos



      

   

Ningún comentario:

Publicar un comentario