As calses de 3º prepararon poesía e cancións que ofreceron a nenas e nenos doutros cursos.
Foi na Biblioteca e foron quen de acadar un clima pacífico e moi, moi alegre.
As calses de 3º prepararon poesía e cancións que ofreceron a nenas e nenos doutros cursos.
Foi na Biblioteca e foron quen de acadar un clima pacífico e moi, moi alegre.
De novo recibimos no cole a Almu e Elena para aprender máis sobre ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN.
Como ven sendo costume a actividade está dirixida ao alumnado de 4º, por dúas razóns: pala súa idade e pollos 2 anos que aínda van pasar no cole e así poder compartir as súas aprendizaxes con outros grupos.
Facer os agrupamentos foi moi interesante, porque as 3 clases de 4º convertéronse en dous grupos. Así que en cada clase había alumnado que ía participar nos 2 obradoiros.
O seguinte paso neste proceso de aprendizaxe será compartir cos compañeiros de clase o que aprenderon na súa quenda con Almu e Elena.
Na 1ª quenda alumnado das 3 aulas traballaron programando os robots.
Outra novidade do traballo do voluntariado neste curso 24/25 son as LECTURAS COMPARTIDAS.
Pero como son tantas as novidades do voluntariado e os espazos son os que son, cando coinciden varias actividades hai que buscar solucións.
Por esa razón esta semana Alexia, voluntaria de 5º B de primaria, foi ata o patio de Infantil para compartir un conto coas nenas e nenos.
O que parecía unha adversidade, ter o Salón ocupado polo TORNEO DE BAILE, fixo que descubríramos o patio como un lugar fantástico para ler, e ao alumnado de Infantil co,o un público moi entregado.
![]() |
Semellan unha burbulla no gran patio de Infantil |
![]() |
Alexia, na compaña de Xiomara entregouse co seu conto |
![]() |
Libremente, estas nenas e nenos escolleron deixar de xogar para escoitar a Alexia. |
Na semana 14 do curso 24/25, que se desenvolve dende o 13 ao 17 de xaneiro, no meu traballo como voluntario da Biblio de Carola me encargo de escribir para o blog.
A miña aportación vai amosar algunha das actividades que se fan durante o recreo:
![]() |
Fabricando PULSEIRAS |
![]() |
Unha nena xoga con figuras IMANTADAS |
![]() |
Hai dous nenos divertíndose con GRAVITRAX |
![]() |
O grupo de xardinaría plantando sementes. Como vai mal tempo non poden ir ao xardín. |
![]() |
Unha nena buscando información sobre EXPERIMENTOS, porque vai traballar diso como voluntaria |
![]() |
Un neno xogando coas TUBERÍAS, |