venres, 20 de xuño de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

 Os coles que temos biblios PLAMBE da Estrada, elaboramos as recomendacións lectoras para este verán.

Para poder compartir esa información no noso cole démoslle a forma acorde ao noso PDI "Escola de baile", e sobre todo, contamos coa colaboración de Castelao e Rosalía, bailaríns que presidían  a entrada do cole.

Este foi o resultado do TRÍPTICO que enviamos ás familias:





E volvemos facer as recomendacións en formato cartel para repartir entre as LIBRARÍAS LOCAIS e animar así a consumir no pobo.





domingo, 8 de xuño de 2025

Clases de CAROLA: As clases de infantil traballamos na biblio


 Carola-Parola é o nome da materia que se imparte en Infantil por parte dunha das mestras de apoio. Mentras Parola traballa aspectos da expresión e comprensión da linguaxe oral, Carola vive por e para a biblioteca.

Ata a Biblio se desprazan todos os grupos de Infantil durante unha sesión á semana. Alí toman contacto cos diferentes recursos do ESPAZO creaTIvo.

4º A traballando co KAPLA

4º B cos imáns


5º A deseña, planifica e executa o rueiro dunha vila con Kapla



5º B experimenta coas máquinas de Lego



6º A cortando con ferramentas adaptadas (foi un préstamo)



6º B apurando cos píxeles para que dea tempo a pasar o ferro

Os píxeles chegaron á biblioteca a petición do voluntariado para ofertar ese obradoiro nos recreos. En Infantil foron moi ben acollidos e serviron para traballar a creación de iniciais propias. Con todas as súas creacións montamos unha exposición para que quedara patente que as letras non son únicas e a creatividade é case infinita


Para dar conta desta actividade creouse unha entrada na Revista Candeas, da que deixamos aquí un avance:





luns, 2 de xuño de 2025

CREANDO, CREANDO en 6º B de PRIMARIA

 As nenas e nenos de 6º B de primaria están feitos uns facedores.

A medida que vaian chegando as súas producións iremos compartíndoas nesta entrada. Traballaron moito e moi ben en dúas áreas similares pero diferentes:


PROGRAMACIÓN con SCRATCH

ANIMACIÓN DIXITAL




Daniel Rey Riveira