luns, 8 de abril de 2013

PINTURA E PINTORES

                 
 Dende hai xa un tempo a entrada do noso centro encheuse de reproducións de pinturas que vos   imos amosar


                    OS DE SEXTO TRABALLARON A VELAZQUEZ











               OS DE QUINTO TRABALLARON A CASTELAO DEBUXANTE





                   OS DE CUARTO TRABALLARON PINTORAS GALEGAS























OS DE TERCEIRO TRABALLARON A LAXEIRO






                      OS DE SEGUNDO TRABALLARON A MASIDE


                                 



                     OS DE PRIMEIRO TRABALLARON A KAMDINSKI



                     OS DE CINCO ANOS TRABALLARON A KLIMT  



                 OS DE CATRO ANOS TRABALLARON A MONDRIÁN
                                      






                     OS DE TRES ANOS TRABALLARON A MIRÓ













mércores, 3 de abril de 2013

EXPO-CÓMIC

Os nosos compañeiros do IES Losada Diéguez veñen de celebrar unhas interesantes xornadas sobre a Banda Deseñada e con este motivo trouxeron a EXPO-CÖMIC que foi elaborada no IES Porto do Son.  Ofrecerónolae por iso puidemos contar con ela estas semanas. MOITAS GRAZAS a todos.
 













DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O día 2 de abril celebrase o día internacional do Libro Infanti debido a que nesta data naceu o gran autor Hans Christian Andersen.
O cartel está ilustrado polo estadounidense Ashley Bryan e o texto é da autora mexicana Pat Mora. O poema de Pat Mora remata así:
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

luns, 25 de febreiro de 2013

MIÑAS PRENDAS DA IALMA....VAMOS BEBENDO!!


Festexamos o día de Rosalía cun traballo colaborativo desenvolvido por todo o centro que queremos compartir con todos.

martes, 19 de febreiro de 2013

NAVEGAR NA REDE



Mª Olga Rodríguez Díaz (CEIP Milladoiro. Malpica) e Charo Sánchez Gabriel (IES Sánchez Cantón. Pontevedra) responsables das bibliotecas dos seus centros poñen á nosa disposición un material de grande interese. ¿Como buscar na rede de forma eficiente?. Dende aquí agradecemos o seu traballo ao que lle podemos sacar moito partido.


luns, 18 de febreiro de 2013

REVISTA PREBE


O IES Manuel García Barros acaba de donar á nosa biblioteca tres exemplares do número 1 da revista PREBE. Nela recóllense os traballos do alumnado de Bacharelato de Artes Plásticas durante o curso 2011-2012. Para nós é un pracer recibila porque ademais entre os autores contamos con ex-alumnos do centro.Lede con atención e atoparédelos. Parabéns por un traballo ben feito e grazas por achegárnola. Dende XA na vosa biblioteca.



XOGOS DO MUNDO

¡Xa temos na nosa biblioteca os taboleiros cos XOGOS do MUNDO! En total son doce xogos diferentes de distintas partes do mundo e contamos con tres taboleiros por xogo. A nosa intención é potenciar a interculturalidade e aprender a manexar os textos coas instrucións para aprender a xogar... E por suposto XOGAR.
Esta ludoteca é posible grazas á ANPA que asumiu a impresión dos mesmos, á arquitecta Dª Monica Neira Mato, encargada do deseño e a Dº Francisco Barcala Calvo, o noso conserxe, a quen debemos o enmarcado. Se queredes saber mais deles clicade na dirección do centro e atoparedes máis información.