martes, 16 de marzo de 2021

FARO DA ESCOLA: charlas con escritoras/es

 

Programa de Faro de Vigo e Edicións Xerais que achega ás persoas creadoras de historias ao noso alumnado.

Varias clases do noso centro participarán nalgunha destas charla.


Feliz lectura e feliz contada!!


CHARLAS AUTORES by Maria Blanco Corral on Scribd

mércores, 17 de febreiro de 2021

CIENTÍFICAS

 Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2021, FARO DE VIGO convídanos o día 18 ás charlas de mulleres científicas que exercen o seu oficio na actualidade e que explicarán como foi o camiño para chegar ao posto que ocupan na actualidade.


As convidadas son as investigadoras Marta López Cabo e Eva Balsa-Canto, do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). A moderadora será Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia.

Agardamos que as clases participantes disfruten e compartan con nós a súa vivencia.

sábado, 6 de febreiro de 2021

ENTROIDO 2021: Saudiños e Saudiña do noso XENERALIÑO


PARA CELEBRAR O ENTROIDO DESTE ANO, QUEREMOS RENDER UNHA PEQUENA HOMENAXE A TODAS AS HEROÍNAS E HEROES QUE NOS AXUDARON NOS TEMPOS DE CONFINAMENTO, E SEGUEN AÍ DÁNDOO TODO!!!

AUTÉNTIC@S

HEROÍNAS E HEROES


ESTES SON OS MANDADOS DO Xeneraliño PARA A SEMANA DO ENTROIDO





























venres, 29 de xaneiro de 2021

25 de NOVEMBRO. TOD@S CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!!!


   As nenas e nenos de 6º A e B do CEIP de Figueiroa, adaptan o conto "Eu vou comigo" de Raquel Reguera para traballar no 25 de Novembro. Novembro 2020.


Podedes escoitar a súa versión "MÍROME E VÉXOME", en Radio Carola. Pero para poñervos as cousas doadas, aquí queda o audio:





Montaje creado Bloggif


Esta é unha oportunidade fantástica para deixar claro...


NON ME GUSTA....



Outra proposta:

A PORTA VIOLETA. Traballo feito polo alumnado de 5º de primaria.




CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO,

O 25 DE NOVEMBRO E...

 SEMPRE!!!




luns, 21 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2020

 Outro ano máis chega o triptico das recomendacións lectoras que fan os 5 centros PLAMBE da Estrada. Son:

- CEIP Cabada Vázquez de Codeseda

- CEIP do Foxo

- CEIP Pérez Viondi

- CEIP Plurilingüe de Oca

e... o noso, o CEIP de Figueiroa





Este ano tamén queremos recordar moi especialmente ás nosas LIBRARÍAS, porque que mellor sitio para mercar os libros recomendados que as librarías dos nosos viciños?? E sobre todo, este ano que non puidemos realizar esa actividade tan chula como era a EXPOSICIÓN DE LIBROS NO NADAL.






domingo, 1 de novembro de 2020

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!

 As cabazas que estamos a recibir son moitísimas!!!


Así que só nos queda decir:



En breve poderemos ver todo o que se fixo nas casas!!

luns, 26 de outubro de 2020

E... HABERÁ SAMAÍN??

 

Lingüereta axudou a Carola a dar cun xeito de poder celebrar o SAMAÍN. Non é como facemos habitualmente, pero é un novo xeito. 

OLLO!! Se vindes con disfrace..., 

NON SE PODEN TRAER COMPLEMENTOS!! 

Imos evitar andar con obxectos que poidan manipular moitas mans. 


Desta vai!! outra victoria para nós e derrota para o coronavirus!!

NOVO PDI PARA ESTE CURSO

 Xa se está a traballar no PDI que imos traballar neste curso. Despois de preguntar a todo o profesorado, acordouse que o que máis interesaba neste curso era:

- COIDAR A SAÚDE

- FACER COMUNIDADE

Por iso o PDI se chama

Carola e Lingüereta con cadansúa máscara!!
 

SAUDIÑOS porque a pesares de ter que gardar as distancias, queremos estar "MOI PRETO"

SAUDIÑA porque é o ben máis prezado que temos e queremos coidalo.

luns, 21 de setembro de 2020

Biblio en obras

 


A BIBLIO DE CAROLA ESTÁ EN OBRAS!!!

 

A nosa biblio foi escollida para o PROXECTO CENTROS LIA.2 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura Educación e Universidade . 

Que quere decir? Que podemos dispoñer de recursos para mellorar a biblioteca e os servizos que alí se ofrecen. 

Andamos a voltas cos últimos retoques e agardamos non tardar moito en abrir as portas e poder disfrutar todas e todos da NOVA BIBLIO DE CAROLA!!



xoves, 11 de xuño de 2020

MOITAS BIBLIOTECAS NA BIBLIO DE CAROLA

Carola achéganos unha escolla de BIBLIOTECAS VIRTUAIS, para que poidamos disfrutar do pracer da lectura.

Son moitas as posibilidades, en diversos idiomas. Podedes atopalas na columna da esquerda deste blog.

Aquí deixamos o mesmo listado. Debaixo de cada logo está a ligazón a cada biblioteca. Se non queredes saír do blog, premede na ligazón co BOTÓN DEREITO do rato e ABRIR NUNHA NOVA VENTÁ.



BIBLIOTECAS VIRTUAIS



A NOSA plataforma!! 
da que todas e todos formamos parte.



Galicia LE.
Da Rede de Biblitoecas Públicas de Galicia



Biblioteca Virtual Galega
Iniciativa da Universidade da Coruña



GALICIANA. Biblioteca Dixital de Galicia. Impulsada pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia
e xestionada pola Biblioteca de Galicia.



Galicia Dixital


BNEscolar.
Biblioteca Nacional de España


Ciberoteca ESCOLAR.
Fundación Bancaja


CIBEROTECA.
Fundación Bancaja




Biblioteca Digital Hispánica



Proxecto Gutenberg
A biblioteca dixital máis antiga do mundo. Máis de 49.000 libros libres


Ciudad SEVA.
6000 contos clásicos. 9000 poemas clásicos. Minicontos, teatro, consellos...