As clases do cole de Figueiroa atenderon á proposta do Equipo de Extraescolares con moito ímpetu e crearon as páxinas deste fermoso libro.
As clases do cole de Figueiroa atenderon á proposta do Equipo de Extraescolares con moito ímpetu e crearon as páxinas deste fermoso libro.
Aquí queda a mostra de como se viveu a semana do entroido no cole de Figueiroa.
OS MANDADOS DO XENERALIÑO:
O VENRES... DISFRAZ LIBRE!!!
O noso XENERALIÑO DA ULLA tivo moi en conta que estamos no ano en que traballamos sobre a celebración do V Centenario da Volta ao Mundo.
Os seus mandados foron representar coas nosas cabezas os continentes que forman parte do planeta Terra.
E esta imaxe foi a que enviou ás casa para "non perder o norte"
Menudo traballo que fixeron estas nenas e nenos de 6º!!!
E que acabado tan bonito!!
Ademais, tiveron a ben compartilo para que disfrutemos e aprendamos.
Moitas grazas.
En 6º andan a traballar a historia máis recente e tiveron a ben convidarnos a compartir esta viaxe no tempo. Aquí presentamos imaxes do seu traballo e ao final poderás entrar nunha liña de tempo convertida nun Genially
O grupo de 6º A expón nas paredes da clase, axexade o seu traballo e como traballan:
É un bo traballo de investigación que podemos ver polo miúdo nestas imaxes da clase de 6º B:
As nenas e nenos de 6º B convertiron a liña do tempo que teñen na clase nunha actividade online, para poder disfrutar dela dende calquera lugar.
Un ano máis sabemos que chega o Nadal, porque as biblios PLAMBE de todos os coles da Estrada, xúntanse para escoller as mellores lecturas neste tempo de lecer.
Neste curso non nos cansamos de DAR VOLTAS AO MUNDO, e agora é tempo de ler esas voltas.
Así é como os coles de
CEIP de Pérez Viondi
CEIP do Foxo
CEIP Cabada Vázquez
CEIP de Oca
e o noso, o CEIP de Figueiroa
acordamos ofrecervos ideas para os vosos agasallos de Reis ...
E outro ano máis quedamos sen poder facer a EXPOSICIÓN de Nadal coas nosas LIBRARÍAS LOCAIS. Agardemos a que o ano novo nos permita disfrutar a nosa biblio para facer exposicións e moitas cousas máis!!!
Pero non nos esquecemos das librarías e fixemos as recomendacións en formato cartel por se queren amosalo nos seus establecementos
Cada vez chegan máis recursos para traballar o PDI deste curso.
Xa sabedes que os podedes atopar neste blog, na pestana superior que se chama PDI.
A última incorporación é este material editado por GeoPlaneta e Acción Cultural Española, coa colaboración dos Ministerios de Asuntos Exteriores e Cooperación/AECID; e de Cultura e Deporte; ademais do Instituto Cervantes.
Menudo fin de mes!!! Non faltou de nada!!
- FOTOS DE GRUPOS -
- EXPOSICIÓN DE CABAZAS -
As FAMILIAS superaron novamente todas as expectativas. Dá xenio ver como cada ano son quen de dar forma de cabaza ao noso PDI, e este curso non parecía sinxelo con "Dándolle voltas ao mundo". Pero aí están!!
- "EXTRA" de PACO NOGUEIRA -
Contamos cunha verdadeira festa grazas ao alumnado que no curso pasado estaba en 5º B de primaria.
Presentáronse a un concurso de CORRELINGUA cun vídeo sobre o noso idioma, e... GAÑARON!!
De premio, obtiveron unha actuación do gran PACO NOGUEIRA que compartiron coas outras aulas do seu nivel.
- CARREIRA DO MAGOSTO -
Coma (case) todos os anos celebramos a CARREIRA DO MAGOSTO, e aquí queda a proba de como os máis peques correron.
Todas as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de infantil fixeron o percorrido que deseñou o profe Jorge, e que ben o pasaron!
- PSICOMOTRICIDADE E SAMAÍN -
Que sexa Samaín non impide desenvolver as clases de xeito normal.
Así o quixemos amosar na clase de Psicomotricidade de 5º A de Infantil.
Carola quixo convidar a todo o cole a festexar o Día das Bibliotecas, dun xeito moi particular...
Quere saber para que NECESITADES BIBLIOTECA... Así vai tomar boa nota de se ela ofrece na biblio o que vós queredes.
As respostas xa están chegando e Carola vai compartir nesta entrada.
As clases máis madrugadoras... 1º B, 6º B e 5º B de primaria. Moitas grazas pola vosa colaboración!!
Menudo traballo fixeron as nenas e os nenos de 6º B de primaria!!
Moito e moi bó traballo!!
Pero que o seu traballo perdure depende de todas persoas que convivimos no cole.
Por se alguén non o entende, pode escoitar a súa mensaxe en GALEGO, CASTELÁN e INGLÉS. Se alguén non se dá por enterado... mal imos acabar.
PARABÉNS RAPAZAS E RAPACES E...
MOITAS GRAZAS!!
Este curso IMOS DE VIAXE!!
Neste ano celébrase o V Centenario da PRIMEIRA VOLTA AO MUNDO. Por iso aproveitamos este tema para coller o noso mundo e darlle unhas cantas voltas.
- Acompañaremos a Fernão de Magalhães e a Juan Sebastián Elcano na súa viaxe.
- Coñeceremos a moitas das persoas que foron atopando polo seu camiño e, nalgún caso, melloraremos o xeito que relacionarnos con eses pobos.
- Investigaremos sobre moitas outras persoas que tamén emprenderon viaxes fantásticas.
- Saberemos da influencia desa e doutras viaxes no noso concello, A Estrada.
E moitas. moitísimas máis cousas que iremos descubrindo ao longo do curso.
Para saber máis deste proxecto, vai á pestana de PDI e pica na imaxe do proxecto deste ano.