luns, 27 de novembro de 2023

DORSAL 261


Hai uns días a entrada do noso cole encheuse de carteis nos que se recollía o lema "Eu tamén son 261, e ti?", o que obrigou á totalidade do alumnado e profesorado do centro a investigar sobre o seu significado e, por conseguinte, a coñecer a historia da atleta Kathrine Switzer e doutras mulleres que, coma ela, romperon teitos de cristal en materia deportiva. Como broche final á actividade, alumnado e profesorado engalanou o seu dorsal 261 con termos propios do activismo feminista e lucíunos durante a Carreira Olímpica do Magosto celebrada o venres pasado, dando un pasiño máis en prol da igualdade de xénero.
















































domingo, 29 de outubro de 2023

SAMAÍN para BAILAR no CEIP de Figueiroa

 

BRINCA VAI!! Paco Nogueira


CANCIÓN DOS MONSTRIÑOS


A BRUXA MARUXA


SAMAÍN de Mamá Cabra


ERA NOITE DE TREBÓN de Mamá Cabra


OS TERRORES FAVORITOS de Kókiti Música



CONXURO


SAMAÍN de Kókiti Música



SAMAÍN de Uxía Lambona e a Banda Molona



SAMAÍN de Jesús Pareja


O OUTONO XA CHEGOU de Uxía Lambona e a Banda Molona



CANCIÓN DO MAGOSTO 13 Lúas



BAILE DO SAMAÍN. Língua de signos LSE


LOS ALEGRES ESQUELETOS





CHÚMBALA CACHÚMBALA de Luli Pampín


HUESITOS


luns, 23 de outubro de 2023

HALLOWEEN and The Sports Monsters


The students at 3rd and 5th grades celebrated Halloween finding out the incredible things the Sports Monsters can do: They can run fast, dance, swim, jump or even fly!















mércores, 4 de outubro de 2023

SOMOS NUTRIOLÍMPICOS!

Un ano máis elaboramos o noso propio calendario de MERENDAS SAUDABLES e participamos da iniciativa FROITA E LÁCTEOS NA ESCOLA.



mércores, 13 de setembro de 2023

Carola e Lingüereta OLÍMPICAS

Como non podía ser doutro xeito, Carola e Lingüereta tamén dan boa conta dos Xogos Olímpicos, e así, mentras Lingüereta é aportadora do FACHO OLÍMPICO, Carola é unha atleta que corre en cadeira de rodas.

Lingüereta leva o facho xunto con Phryge paralímpica

Carola a toda velocidade na súa cadeira de carreiras acompañada de Phryge Olímpica

  

Nas imaxes anteriores, podemos ver ás nosas mascotas acompañadas de Phryge, o gorro frixio que representa aos Xogos de París 2024. Por esa mesma razón locen na cabeza os gorros que simbolizan a liberdade e a posibilidade de que o deporte pode cambiar vidas.

O lema da Phryge olímpica e da Phryge paralímpica é “Sós imos máis rápidos, pero xuntos chegamos máis lonxe”, e representan o modo no que as mascotas, e as persoas de todo o mundo, podemos facernos mellores as unhas ás outras traballando xuntas.






luns, 11 de setembro de 2023

FIGUEIROLIMPÍADAS: Un curso de campionato!!!

O curso 23/24 vai rematar coa inauguración dos Xogos Olímpicos de París. Aproveitamos esta celebración para adicar o PDI deste curso ao "feito olímpíco" por todas as cousas boas que nos pode aportar. 

A nosa pretensión é achegar os valores fundamentais do olimpismo á nosa comunidade educativa mediante o PDI “Un curso de campionato”. As actividades para realizar serán diversas, traballando en equipo e promovendo a participación de todas e todos. O noso obxectivo é que o noso alumnado coñez a información referida ao Olimpismo, pero tamén que desenvolva actitudes de cooperación, de empatía, de respecto aos demais, e fairplay, como valores do Olimpismo.

O CÓMIC tamén terá moita presenza, dado que é o xénero literario proposto pola Asesoría de Biblitoecas para traballar neste curso.


Un ano máis, a entrada do noso cole rinde homenaxe ao PDI e recíbenos así o primeiro día de clase: