xoves, 15 de febreiro de 2024

Creando recursos OLÍMPICOS

Os pictos sobre os deportes olímpicos están moi presentes este curso. 

Por que non empregalos en crear un xogo? 


Unha vez escollidos, creouse un modelo para fotocopiar por duplicado e facer un

MEMORI DE PARELLAS




Estarán dispoñibles na biblio

(despois de pasar polas aulas de 3 anos)

FIGUEIROLIMPÍADAS 2024. Un festival de CAMPIONATO!!

O noso evento por excelencia, o ENTROIDO, foi planificado, deseñado e vivido como un evento deportivo de gran magnitude.

Inauguramos os nosos Xogos Olímpicos cunha auténtica CERIMONIA DE INAUGURACIÓN, incluida a entrada no recinto do FACHO OLÍMPICO e o prendido do PEBETEIRO.



sábado, 10 de febreiro de 2024

FIGUEIROLIMPÍADAS 2024. Delegacións participantes

Compartimos esta proba gráfica de todas as Delegacións (grupos) que participaron nas FIGUEIROLIMPÍADAS 2024.


POSADO DO GRUPO DO PROFESORADO

SINCRONIZADIÑ@S: Mestras e mestres especialistas en mergullo rítmico

POSADO DOS GRUPOS DE INFANTIL

4º A de infantil

4º B de infantil

5º A de infantil

5º B de infantil

6º A de infantil

6º B de infantil


POSADO DOS GRUPOS DE PRIMARIA

1º A de primaria

1º B de primaria

1º C de primaria

2º A de primaria

2º B de primaria

3º A de primaria

3º B de primaria

4º A de primaria

4º B de primaria

5º A de primaria

5º B de primaria

6º A de primaria

6º B de primaria

6º C de primaria



xoves, 8 de febreiro de 2024

PROGRAMA de FIGUEIROLIMPÍADAS 2024

Por esta pista deportiva decorren os pictos que simbolizan os deportes e os cursos que se van suceder na nosa cita deportiva: FIGUEIROLIMPÍADAS 2024.




xoves, 1 de febreiro de 2024

ENTROIDO: mandados olímpicos do XENERALIÑO

Este ano o Xeneraliño preparou uns encargos acordes co momento que se está a vivir no centro.

Para o mércores tod@s seremos auténticas...


MASCOTAS OLÍMPICAS!!!


CARTEL PARA DIVULGAR OS MANDADOS


Nota que se enviou ás casas para facilitar a preparación das mascotas.


Este curso o Xeneraliño quixo completar esa información ás familias con outra que explicara claramente porque esta celebración é tan importante no CEIP de Figueiroa.




De cando en vez, convén recordar por que e para que traballamos... toda a comunidade.

martes, 16 de xaneiro de 2024

UNHA MULLER NUN DEPORTE DE HOMES?

Hoxe, 16 de xaneiro do 2024, recibimos a visita de Uxía Rodríguez Nebra, veciña da Estrada e exalumna do noso centro, para falarlle ao alumnado do 3º ciclo EP da súa experiencia como mecánica en prácticas do Mundial de Moto3 na tempada pasada.

Que bonito ver como a figura da muller colle forza en ámbitos que ata hai ben pouco parecían inacadables! Xa é hora de que se entenda que o deporte NON é cuestión de xénero!


























mércores, 10 de xaneiro de 2024

Novo recanto do VOLUNTARIADO: creando para tod@s

O noso voluntariado é imparable. Cando organizan os obradoiros sempre procuran que permitan finalizar produtos que levar para uso persoal.

Este ano acordamos facer para outr@s. A proposta saeu do Equipo de Biblio e o voluntariado respondeu, como xa nos ten acostumadas.

Dende as clases de Infantil e PT, sobre todo, chegaron as demandas de recursos específicos que precisaban. 

O resultado? a continuación queda unha mostra:


Isto xa é un non parar.