mércores, 3 de abril de 2013
EXPO-CÓMIC
Os nosos compañeiros do IES Losada Diéguez veñen de celebrar unhas interesantes xornadas sobre a Banda Deseñada e con este motivo trouxeron a EXPO-CÖMIC que foi elaborada no IES Porto do Son. Ofrecerónolae por iso puidemos contar con ela estas semanas. MOITAS GRAZAS a todos.
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
O día 2 de abril celebrase o día internacional do Libro Infanti debido a que nesta data naceu o gran autor Hans Christian Andersen.
O cartel está ilustrado polo estadounidense Ashley Bryan e o texto é da autora mexicana Pat Mora. O poema de Pat Mora remata así:
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
O cartel está ilustrado polo estadounidense Ashley Bryan e o texto é da autora mexicana Pat Mora. O poema de Pat Mora remata así:
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.
luns, 25 de febreiro de 2013
MIÑAS PRENDAS DA IALMA....VAMOS BEBENDO!!
Festexamos o día de Rosalía cun traballo colaborativo desenvolvido por todo o centro que queremos compartir con todos.
martes, 19 de febreiro de 2013
NAVEGAR NA REDE
Mª Olga Rodríguez Díaz (CEIP Milladoiro. Malpica) e Charo Sánchez Gabriel (IES Sánchez Cantón. Pontevedra) responsables das bibliotecas dos seus centros poñen á nosa disposición un material de grande interese. ¿Como buscar na rede de forma eficiente?. Dende aquí agradecemos o seu traballo ao que lle podemos sacar moito partido.
luns, 18 de febreiro de 2013
REVISTA PREBE
O IES Manuel García Barros acaba de donar á nosa biblioteca tres exemplares do número 1 da revista PREBE. Nela recóllense os traballos do alumnado de Bacharelato de Artes Plásticas durante o curso 2011-2012. Para nós é un pracer recibila porque ademais entre os autores contamos con ex-alumnos do centro.Lede con atención e atoparédelos. Parabéns por un traballo ben feito e grazas por achegárnola. Dende XA na vosa biblioteca.
XOGOS DO MUNDO
¡Xa temos na nosa biblioteca os taboleiros cos XOGOS do MUNDO! En total son doce xogos diferentes de distintas partes do mundo e contamos con tres taboleiros por xogo. A nosa intención é potenciar a interculturalidade e aprender a manexar os textos coas instrucións para aprender a xogar... E por suposto XOGAR.
Esta ludoteca é posible grazas á ANPA que asumiu a impresión dos mesmos, á arquitecta Dª Monica Neira Mato, encargada do deseño e a Dº Francisco Barcala Calvo, o noso conserxe, a quen debemos o enmarcado. Se queredes saber mais deles clicade na dirección do centro e atoparedes máis información.
Esta ludoteca é posible grazas á ANPA que asumiu a impresión dos mesmos, á arquitecta Dª Monica Neira Mato, encargada do deseño e a Dº Francisco Barcala Calvo, o noso conserxe, a quen debemos o enmarcado. Se queredes saber mais deles clicade na dirección do centro e atoparedes máis información.
xoves, 24 de xaneiro de 2013
mércores, 19 de decembro de 2012
xoves, 13 de decembro de 2012
RECURSOS DE NADAL
Aquí temos moitos recursos para o nadal, recollidos na páxina web da coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística.
luns, 3 de decembro de 2012
RECURSOS PINTURA
A COORDENADORA DA BIBLIOTECA DO CEIP LÓPEZ FERREIRO DE SANTIAGO Mª JOSÉ ALBARELLOS CODESIDO REALIZOU ESTE TRABALLO QUE AGORA ENLAZAMOS CO SEU PERMISO E AO QUE TANTO PROVEITO LLE PODEMOS SACAR. DENDE AQUÍ GRAZAS.
xoves, 8 de novembro de 2012
OS BOLECHAS
Os nenos de catro anos estan levando, no préstamo semanal deste primeiro trimestre, libros dos Bolechas. Gracias ao papá dun alumno tivemos o pracer de que nos fixesen unha visita "virtual " que queremos compartir con vos e animarvos a que tamén fisfrutedes da súa lectura.
sábado, 27 de outubro de 2012
¡XA ESCOLLEMOS PINTORA OU PINTOR!
¡XA ESCOLLEMOS PINTORA OU PINTOR!
4º Ed.
Infantil MIRÓ Joan
5º Ed.
Infantil MONDRIAN Piet
6º Ed. Infantil KLIMT Gustav
1º Ed.
Primaria KANDINSKI Vassily
2º Ed. Primaria MASIDE Carlos
3º Ed. Primaria LAXEIRO
4º Ed. Primaria PINTORAS GALEGAS
5º Ed.
Primaria CASTELAO
6º Ed. Primaria VELÁZQUEZ.
Audición e Linguaxe LÓPEZ GARCÍA Juan Luis
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














