luns, 9 de marzo de 2015

VIAXE POLO MUNDO - ENTROIDO 2015

A nosa VIAXE polo MUNDO continuou dun xeito moi especial no ENTROIDO  como podedes ver nas seguintes fotos. Cada curso disfrazouse cos traxes típicos do lugar do mundo que están a estudar e mirade que preciosos quedamos todos. Ademais, o desfile do Entroido rematou este ano con bailes e danzas típicos de cada cultura. Pasámolo moi ben!

       Aquí están os de 4º de Infantil vestidos de mexicanos.

Os de 5º de Infantil chegaron dende as estepas de Rusia



Os de 6º de Infantil fixeron unha viaxe no tempo dende o antigo Exipto




Os de 1º acababan de chegar de Laponia



Os de 2º viñan da exótica China



3ºA, moi colorido, chegou dende o Brasil.


3ºB  presentounos a un grupo dos primeiros habitantes do Cánada.


4º visitou a India e ensinounos uns preciosos saris.


5ºA trouxonos os ritmos latinos do Caribe, pois viñan de Cuba.

Os de 5ºB estaban moi guapos de pioneiros en Australia, co seu canguro e todo.


6º achegounos á realidade de Israel: 
6ºA presentounos á comunidade xudea e 6ºB á comunidade palestina.



mércores, 4 de febreiro de 2015

"VIAXA POLO MUNDO" INDIA . FUNDACIÓN VICENTE FERRER.

Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria o luns 2 de febreiro fixemos unha actividade ao longo da mañá dentro do proxecto do colexio " Viaxa polo Mundo "
As nosas aulas traballan a India dentro deste proxecto. Puxémonos en contacto coa Fundación Vicente Ferrer dentro do programa "School to School" e fixemos un intercambio por correspondencia cunha escola da fundación.
Nesta ocasión o que fixemos é participar no programa "Escolas Solidarias" coa campaña 1 € = 77 rupias
feita por nós , coa finalidade de que todos os alumnos do noso colexio que voluntariamente quixeran fixeran un agasallo dun euro para crear unha escola na india en Anantapur.
Recollemos 350 € que faremos chegar a fundación para dito fin.






DÍA DA PAZ; TEATRO IES LOSADA DIÉGUEZ

O día escolar da paz e a non violencia disfrutamos da visita do grupo de tearo do I.E.S Losada Dieguez. Escenificaron para todos os nosos alumnos e alumnas varias pezas teatrais de creación propia simplemente sensacionais. Para que todos puidésemos disfrutar delas realizaron dous pases.
              Foi un bonito día da Paz !








luns, 12 de xaneiro de 2015

OS RETELLADORES DO GALIÑEIRO

Coma nos últimos anos 0 19 de decembro recibimos a visita do clube de lectura do IES Losada Diéguez. Os Retelladores do Galiñeiro fixeron as delicias dos nosos nenos e nenas contando e dramatizando lendas africanas. Graciñas amigos e amigas.








venres, 19 de decembro de 2014

xoves, 11 de decembro de 2014

NADAL DE LECTURA, NADAL DE AVENTURA


Coma cada ano por estas datas non queremos deixar de recordarvos que un bo libro é un bo amigo. Buscade con ilusión nas librarías o que máis vos chame, aquel que espertará a ledicia nos ollos dos vosos fillos e acompañádeos na lectura. A continuación vai unha guía de títulos seleccionados nun traballo colaborativo entre os centros CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP Cabada Vázquez, CEIP do Foxo e CEIP de Figueiroa.
Bo Nadal e felices lecturas !!

martes, 4 de novembro de 2014

FIGUEIRIONDI

COLABORACIÓN DE FIGUEIROA E PÉREZ VIONDI NO SAMAÍN

luns, 3 de novembro de 2014

martes, 7 de outubro de 2014

VIAXE POLO MUNDO

Benvidos ao curso 2014-2015. Preparade as maletas porque imos viaxar arredor do mundo. O noso proxecto para este ano lévanos a outro país e outra cultura. Ide escollendo a onde ides cada curso. Saúdos de Carola