ABRIL, MES DO
LIBRO
NO
CEIP DE FIGUEIROA
- ESTRADA DAS
LETRAS -
En abril celebramos a festa dos libros, e Carola
cóntavos o que ten preparado para os próximos días. A disfrutar!
-Luns 18 Abril ás 12:00h na
biblioteca para os cursos 5º e 6º1 Primaria, visita e conferencia de D.
Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de
Galicia.
Visita de D. Luís Reimóndez,
fillo de D. Manuel Reimóndez Portela, médico rural, escritor e alcalde do
concello de A Estrada coa temática
“A Estrada: historia, tradición e cultura.”
- Mércores 20 Abril ás 12:15
Actividade “Rotonda das letras.”
Os alumnos e alumnas de 6ºB,
4ºA, 4ºB, 2ºA, 2ºB, 1ºA e 1º B de Primaria preparan lecturas de autores
Estradenses para compartir cos compañeiros/as. Atentos/as ás quendas,
colgarémolo na biblio!
-Venres 22 Abril levarase a
cabo a actividade “Cris contacontos.” Contamos coa colaboración da nosa ANPA
Picariños para disfrutar de 4 sesións de animación á lectura destinadas a Ed.
Infantil e Ed. Primaria.
Por suposto,
haberá alguna que outra sorpresiña, non deixedes de pasar pola Biblioteca!!
Carola espera que chegue o sol rebulideiro
para que aloumiñe as nosas lecturas…
Ningún comentario:
Publicar un comentario