domingo, 24 de outubro de 2021

novo curso! de mudanza???

 Si, si, si... o novo curso comezou e Carola non apareceu por aquí ata hoxe. Certo é que estivo moi ocupada e moi liada.

Andaba buscando casa, porque era probable que tivera que prestar a súa. 

- A quen vai prestar a biblio?

- A  VÓS!!!


Recordade a revista CANDEAS do curso pasado... Algo adiantaba 



 noso cole vai mudar de cara, vai poñer traxe novo!! Cambiará de imaxe por fóra e por dentro. 

Ata aquí vai chegar unha morea de persoas que van facer todo o posible por ter un cole das 3 BBB 

- BO. Xa era bo, pero agora imos mellorar moito máis!!

- BONITO. A todos nos gusta moito o noso cole, pero a quen lle desagrada un dóce? pois o cambio vai ser tan grande que vai parecer que imos estrear cole novo. Unha preguntiña xogo.... QUE COR VAI TER O NOSO COLE? a ver se eres quen de acertar...

- BARATO. Coa natureza non se xoga, é algo moi serio que afecta a todo o mundo. Pois aínda que o noso cole vai cambiar de imaxe, e vai ser bó e bonito, tamén vai ser moito máis respectuoso co medio ambiente. Imos estar máis quentes, e mellor iluminados gastando moitos menos recursos. EFICIENCIA ENERXÉTICA que se chama!!


En que lle afecta todo isto a Carola e á Biblio??

Pois que o espazo da biblio vai ser usado como clase. Moitas e moitos de vós pasaredes por alí durante este curso, mentras duren as obras nas vosas clases. 

Despois de moito pensalo, Carola decideu que porque vós veñades ela non ten que marchar. Seguirá a vivir na súa Biblio e alí recibirá e atenderá ás visitas.

Pero..., porque hai un pero, non poderemos usar a biblioteca como tal.

E mira que lle temos ganas!!!

porque dende a reforma e a pandemia, non puidemos gozar da nosa biblio coma antes. 

Despois de moito cavilar, Carola propón que sexa a Biblio a que vaia ás vosas clases. Levará os empréstitos de libros ás clases coa axuda de... 


pero iso é outro conto que contaremos máis adiante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario