No marco da celebración do 8 de marzo, no CEIP de Figueiroa contamos, grazas á mestra Carmen e Lingüereta, coa exposición "Mulleres Valentes", e coa presenza da súa autora: Rosa de Cabanas.
As nenas e nenos de 6º de primaria tiveron a sorte de poder escoitala, de saber como xurdeu esta exposición e de achegarse a pequenos segredos, que Rosa foi debullando.
A continuación, o vídeo que dá conta desta visita:
As palabras de Rosa recollidas polo alumnado de 6º A de primaria:
“Que debuxar en calquera esquina dun papeliño en branco converteuna en quen é hoxe”
“Que máis alá dos títulos está o que podes facer con eles. Rosa é arquitecta pero tamén deseñadora gráfica (todo o que está foi pensado por alguén), ilustradora e debuxante apaixoada.”
“Que endexamais debemos rendernos se temos un soño. Hai que ir a por el e iso fárache feliz.”
“O mellor método para aprender a debuxar é debuxar.”
“O mellor método para aprender algo é a práctica”.
“Sen traballo non se alcanzan os soños”.
“Ponte unha meta e non te rindas”.
As dificultades supéranse con traballo, dedicación e valor para seguir.
Todas as persoas dependemos unhas de outras. E apoiámonos uns nos outros
Soamente cando te esforzas moito acadarás un resultado positivo. E se non o fas volve a intentalo con máis forza.
Non teñas medo de facer o que desexas.
As mulleres galegas son un exemplo de valor, de valentía: sacaron adiante fogares e familias con pouco.
Un dos segredos que nos contou Rosa:
Cando era nena, despois de facer un debuxo, a súa mestra Doña Flora díxolle:
- Ti tes que ser arquitecta. Fan falta mulleres arquitectas. Mira o que fan os homes.
E sinalou para fóra, ao que se vía pola ventana da aula.
Pero sobre todo, quedou ben clariño que
DEBUXAR É UN SÚPER PODER.
Ao longo desta semana, a SEMANA DA MULLER, o Equipo de Voluntariado presta especial atención ás actividades que oferta nos recreos da Biblio de Carola.
Temos unha nova cita co CICLO DE CURTAS - SEMANA DA MULLER
Nesta ocasión o voluntario DANIEL DURO vainos sorprender cunha escolla de curtas para proxectar ao longo de toda a semana. Colabora na proxección o incombustible MATEO CONSTENLA.
Cartel deseño de Daniel Duro |
Dentro desta oferta no salón, contaremos tamén coas PRESENTACIÓNS dixitais sobre vida de MULLERES que fixo o alumnado de 3º B. Este acto terá lugar o 8 de marzo, coincidindo coa data oficial de celebración.
Pero dende outros recantos a presenza das mulleres, da celebración do Día-Semana da Muller, tamén se aprecia. En canto dispoñamos de mostras do traballo realizado, compartiremos nesta entrada do blog.
que diver!!
ResponderEliminar