venres, 19 de decembro de 2025

Sementando lecturas: RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

 O Nadal empeza sempre co tríptico elaborado na Biblio de Carola coas recomendacións de libros que fan as biblios PLAMBE de Infantil e Primaria do Concello da Estrada:

  • CEIP Cabada Vázquez
  • CEIP de Figueiroa
  • CEIP do Foxo
  • CEIP de Oca 
  • CEIP Pérez Viondi

O formato do tríptico feito no CEIP de Figueiroa responde á remática do PDI que estamos a desenvolver no curso 25/26 LABREGAS.






Para quen queira afondar máis nas propostas aquí van polo miúdo:

CEIP de FIGUEIROA:

Comeza o día co canto do galo, e a horta ecolóxica agárdanos para ser sementada e coidada. Canta actividade, cantas dúbidas ata que chegue o momento da colleita! Iranse resolvendo con imaxinación, ledicia e tempo para compartir, nunha horta moi viva.






CEIP CABADA VÁZQUEZ


Blanca é valente e astuta. Unha noite, Camuñas entra no seu cuarto para comela; Aínda que ese monstro parece arrepiante, a nena non se asusta e comeza un diálogo que o acaba confundindo ata dubidar da súa identidade.




Brais é un rapaz coma calquera outro rapaz dunha aldea galega.
As fins de semana adoita ir co gando a un lugar chamado “Outeiro das Mouras”.
Era un lugar estraño, con penedos cheos de debuxos gravados…
Quen serían esas mouras que lle daban nome ao lugar?








Un libro que non só se le… tamén se xoga!
Neste volume, o primeiro da colección, quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o Camiño da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción.
Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe, ti elixes os perigos que afrontarás e ti deseñas a túa propia historia.
Con mecánicas claras e accesibles, BRUXAS E DRAGÓNS propón unha experiencia narrativa e lúdica única, pensada para nenos e nenas. Unha porta de entrada perfecta ao universo dos libro-xogos, chea da emoción das grandes aventuras fantásticas e narrada cun estilo fresco e actual.




CEIP do FOXO


Os nosos montes son lugares máxicos e o fogar dunha chea de seres vivos: árbores, arbustos, pequenos fungos e toda clase de animais, dende os xabarís máis grandes ata os insectos máis pequenos. Xa sabemos que as árbores veñen dunha semente. Pero, sabías que son os seres máis lonxevos e grandes do planeta?



A través das aventuras de Xela, unha nena valente e curiosa, os lectores descubrirán a beleza e a biodiversidade que nos rodea, fomentando o respecto polo medio ambiente e a conservación da nosa paisaxe. Unha historia que convida a calzar as botas, explorar a natureza e coidala para sempre




Unha historia rimada para aprender máis sobre a costa galega e os seus lugares máis máxicos na compaña de Antón, Rosendo, e todos os amigos que coñecerán nesta nova aventura.






Quen non desexou algunha vez ser invisible? Quen non desexou algunha vez deixar de selo?
O problema é que nunca cheguei a controlar ben ese poder. Ás veces, cando máis ganas tiña de ser invisible, era cando máis xente víame, e en cambio, cando desexaba que todos me visen, era cando ao meu corpo dáballe por desaparecer.




CEIP plurilingüe de OCA



Unha orixinal proposta de Eric Carle con lapelas e páxinas despregables
para descubrir a maxia das fases lunares.





Un divertido álbum ilustrado que nos lembra o valor da imaxinación,
dos momentos compartidos e da sabedoría dos nosos maiores.





Tras os seu enfrontamento coa mestra «influencer», que foi retransmitido por televisión, Carlota (Dona Problemas) converteuse nunha celebridade entre nenos e nenas. Recoñécena pola súa cidade e mesmo lle piden selfies e axuda para problemas cotiáns. Así e todo, nin Dona Problemas nin Xoán, o seu axudante, esperaban recibir na escola a visita dunha nena preocupada pola desaparición da súa mascota: unha cacatúa chamada Riqui, pola que agora lle piden un rescate que ela non pode pagar.






O verán preséntase longo e aburrido para os xemelgos Elsie e Simón, mais todo dá un xiro inesperado cando chega unha nova inquilina á casa do lado. Entre os obxectos do máis curioso que Alice leva ao novo fogar, destaca un vello reprodutor de cine que axiña chama a atención dos irmáns. Grazas a el, e guiados pola estrafalaria veciña, os rapaces vivirán aventuras só imaxinables na gran pantalla. Será unha viaxe tan sorprendente que nin tan sequera a maxia do cine poderá explicar.







martes, 16 de decembro de 2025

Carola amosa como SEMENTAMOS VIDA para felicitar as festas

 Carola aproveitou as posibilidades que ofrece a IA e quixo facer a súa propia felicitación de nadal, para acompañar ás feliciticacións feitas dende as clases.




SEMENTANDO VIDA: felicitacións moi vivas no calendario do 2026

 Este ano as nosas LABREGAS e LABREGOS botan man da IA (Intelixencia Artificial) para dar vida ás colleitas da horta. 


As producións que se vaian facendo nas clases serán subidas a esta entrada e sempre poderedes velas a través do QR que vai no calendario do 2026 entregado ás familias.


4º EI A



4º EI B



5º EI



6º EI A





6º EI B



1º EP A



1º EP B



1º EP C



2º EP



3º EP




4º EP A



4º EP B



5º EP A



5º EP B



6º EP A



6º EP B





venres, 14 de novembro de 2025

AGASALLO DENDE CHILE

 A Biblio de Carola conta cuns recursos moi especiais chegados dende a vila de San Antonio, en Valparaíso. 

E onde queda iso??

EN CHILE!!!

Para ter unha idea aproximada de por onde nos movemos aquí deixamos unha imaxe do mapa:


Sabedes como foi posible?

COMO EMPEZOU O CONTO? Cando a Asesoría de Bibliotecas decideu que o DESEÑO ía ser a motivación para traballar neste curso, o Equipo da Biblio de Carola puxémonos a investigar e atopamos entre outros moitos recursos un blog que parecía interesante

 https://humitadiseno.blogspot.com/2011/11/guia-de-diseno-grafico-para-ninos.html?m=1 

Puxémonos en contacto a finais do mes de setembro e..

sabedes canto tardaron en contestar ao noso correo???

en 19 minutos Keitty respondeu!!!


A partir de aí, despois de facer algunha que outra xestión, recibimos un paquete da embaixada de Chile en Madrid cos nosos novos recursos. 

As seguintes imaxes dan conta da presenza dos novos recursos na nosa biblio







Agora queda pendente aproveitar ao máximo os novos recursos...

Moitas grazas Keitty


luns, 27 de outubro de 2025

CICLO DE CURTAS na semana do Samaín

 Durante esta semana Alma inicia o seu traballo como voluntaria facendo a escolla das curtas de cine que se poderán ver no Salón de Actos na hora do recreo.

Este é o resultado do seu traballo:


HISTORIA DE HALLOWEEN PARA NIÑOS



LA EXTRAÑA VISITA



FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS



LOBO FEROZ



A BRUXA REGAÑADENTES



EL CHUPACABRAS


xoves, 23 de outubro de 2025

SAMAÍN NA NOSA EIRA DE LABREGAS

 Este ano o samaín vai poñer en valor unha parte moi importante da casa labrega: A EIRA


Como non podía ser doutro xeito o xardín dianteiro transformaráse nunha tremenda eira que aspira a converterse nunha



Porque no agro, cal é o recurso máis empregado para DAR MEDO???

OS ESPANTALLOS

Nas casas van recibir o seguinte folleto para animar ás familias a participar


 


Axiña daremos conta da súa participación e das súas producións terroríficas



martes, 16 de setembro de 2025

O cole xa cheira a terra

Comeza un novo curso que abre as portas do cole a unha horta, a un xardín, á terra.


Carola recíbenos debaixo do título do PDI onde 2 mans terman dunha pequena árbore

A columna do centro é un xardín con flores das estacións de inicio de curso: verán e outono

O mural de PRODUTOS DE TEMPADA xa está a agardar polo traballo das clases

Ao fondo, as parras están cheiñas de uvas

Castelao quedou con nós dende o curso pasado e dalle nome á taberna

As flores chegaron ao 1º andar da man das profes de inglés






O noso espazo creaTIvo polo mundo

 A Consellería de Educación escolleu a nosa biblio e o seu espazo creaTIVo para presentar a nova edición do programa BIBLIOTECAS CREATIVAS

O portal da Consellería amosa a súa interpretación da nosa biblio, e hai que decir, que se parece bastante á realidade:

Colexio de Figueiroa

O Colexio de Figueiroa da Estrada converteu o programa Biblioteca creativa nunha liña transversal do seu día a día, organizando actividades moi variadas e continuadas no tempo. Todas as titorías teñen unha sesión semanal para coñecer e traballar os recursos deste espazo. Entre eles destacan a elaboración de hologramas ou ‘Creando para tod@s’, no que recollen as necesidades de recursos na aula e se elaboraban os produtos requiridos.

 

O Colexio de Figueiroa participa no Plan de mellora de bibliotecas escolares desde o curso 2008/09 e no programa Radio na biblio desde o curso 2018/19. Destaca, neste eido, a participación do alumnado voluntario na xestión e organización da biblioteca escolar, así como impartindo obradoiros nos tempos de lecer ao alumnado ou creando materiais para a divulgación dos recursos da biblioteca para toda a comunidade educativa.


No perfil que teñen en Facebook tamén fan mención á visita e publican fotos:

O Consello de Redación do Xornal da biblio explica o seu traballo a Judith Fernández

A Directora Xeral tamén presenciou unha clase de programación "entre iguais"

E tamén publican outras fotos con aquelo que chamou a súa atención:


O NOSO MOBILIARIO

  

A SINALÉCTICA DOS ESPAZOS

 

ACTIVIDADES...

 








luns, 15 de setembro de 2025

Novo PDI para este curso: LABREGAS


 O ano 2026 está declarado pola ONU como “Ano Internacional da Agricultora”, e o CEIP de Figueiroa aproveita para desenvolver o PDI LABREGAS.



O noso centro está ubicado nun concello rural, A Estrada, formado por 51 parroquias, das que só unha podemos considerar como casco urbano. A agricultura supón unha ocupación económica, política e social da maior parte do territorio, aínda que en claro retroceso.

A case totalidade das familias que conforman a nosa comunidade educativa tiveron, e moitas delas aínda teñen, vínculos coa terra como medio de producción: unha horta, un invernadoiro, ou unha gran plantación.

A pesares de que o mundo rural non está a vivir o seu mellor momento, a muller segue a ser o piar fundamental desta relación entre sociedade e territorio

Ademais do valor reivindicativo desta data, queremos aproveitar para facer unha merecida homenaxe a todas as nosas mulleres labregas, ás labregas do noso concello e sobre todo, ás labregas das nosas familias.


Xa está dispoñible o BANCO DE RECURSOS do novo PDI. Pode accederse na páxina PDI da barra superior.


venres, 20 de xuño de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN

 Os coles que temos biblios PLAMBE da Estrada, elaboramos as recomendacións lectoras para este verán.

Para poder compartir esa información no noso cole démoslle a forma acorde ao noso PDI "Escola de baile", e sobre todo, contamos coa colaboración de Castelao e Rosalía, bailaríns que presidían  a entrada do cole.

Este foi o resultado do TRÍPTICO que enviamos ás familias:





E volvemos facer as recomendacións en formato cartel para repartir entre as LIBRARÍAS LOCAIS e animar así a consumir no pobo.





domingo, 8 de xuño de 2025

Clases de CAROLA: As clases de infantil traballamos na biblio


 Carola-Parola é o nome da materia que se imparte en Infantil por parte dunha das mestras de apoio. Mentras Parola traballa aspectos da expresión e comprensión da linguaxe oral, Carola vive por e para a biblioteca.

Ata a Biblio se desprazan todos os grupos de Infantil durante unha sesión á semana. Alí toman contacto cos diferentes recursos do ESPAZO creaTIvo.

4º A traballando co KAPLA

4º B cos imáns


5º A deseña, planifica e executa o rueiro dunha vila con Kapla



5º B experimenta coas máquinas de Lego



6º A cortando con ferramentas adaptadas (foi un préstamo)



6º B apurando cos píxeles para que dea tempo a pasar o ferro

Os píxeles chegaron á biblioteca a petición do voluntariado para ofertar ese obradoiro nos recreos. En Infantil foron moi ben acollidos e serviron para traballar a creación de iniciais propias. Con todas as súas creacións montamos unha exposición para que quedara patente que as letras non son únicas e a creatividade é case infinita


Para dar conta desta actividade creouse unha entrada na Revista Candeas, da que deixamos aquí un avance: