mércores, 28 de maio de 2014

A BOTICA DA TERRA-HERBA MOURA

Aquí queda outra mostra do traballo dos nenos

xoves, 22 de maio de 2014

A BOTICA DA TERRA

Aquí queda unha pequena mostra do que se traballou no proxecto integrado "A Botica da Terra"

domingo, 18 de maio de 2014

1º CERTAME DE MICROPOEMAS E MICRORELATOS

Acaban de se fallar os premios do 1º Certame de Micropoemas e Microrrelatos convocado polos Equipos de Normalización Lingüística do Concello da Estrada, resultando gañador@s no noso Centro os que aparecen a continuación cos seus textos. ¡NORABOA AOS PREMIAD@S! Queremos agradecer a todos os participantes no concurso os seus textos e poemas. GRACIÑAS

venres, 25 de abril de 2014

O MEU LIBRO FAVORITO



Celebración do Día do Libro en colaboración coa ANPA "Picariños".


BARAFUNDA TEATRO

Contamos de novo coa colaboración da ANPA "Picariños" para celebrar o "Día do Libro". O xoves 24 de abril todos os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de Primaria disfrutamos de BARAFUNDA ANIMACIÓN coa obra "Pepiña, Maruxiña quere voar". 
É un auténtico pracer recibir a estes dous amigos de Barafunda, que nos enchen o salón de fantasía, maxia e moita música de calidade. Sen decatarnos todos formamos parte do seu espectáculo e acabamos por ser elementos imprescindibles. Outra vez, fumos quen de axudar á protagonista do conto a acadar un final feliz.

Pepiña... voou e colorín, colorou, este conto rematou
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

mércores, 23 de abril de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Aquí tedes un enlace a moitos recursos interesantes

OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DO SR. LESSMORE

DÍA DO LIBRO

RAZÓNS PARA LER

 E aquí tedes unha morea de razóns para achegarvos a un libro

xoves, 10 de abril de 2014

LER PARA MEDRAR

Un ano máis, en abril, no mes do libro contamos coa colaboración da ANPA. Nesta ocasións os grupos afortunados foron os nenos e nenas de 3º e 4º que puideron ver en acción a un ilustrador "de verdade": Jacobo Fernández.
 

 





martes, 11 de marzo de 2014

¡QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO!

¡QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO! Deixamos aquí as fotos do Entroido. Como vedes todos os grupos se disfrazaron dacordo co noso proxecto sobre plantas medicinais A BOTICA DE CAROLA:

  En 3 anos todos os nenos e nenas se transformaron en flores.

  Os de 4 anos ían de xardineiros todos guapos.



Aquí están os de 5 que están a estudar moitas cousas do mel e disfrazáronse  de abellas.



 1ºA ían de acivros e 1ºB de couselos. Todos verdes e moi lucidos.



Os de segundo  ían de druídas celtas, que foron os primeiros en empregar as plantas medicinais por estas terras.



Os de 3ºA ían de macela e os de 3ºB de menta. ¡Que ben nos fan estas plantas e que guapos estaban!



Os de 4ºA eran San Xoáns. Todos co seu capuchón vermello representando a planta coa que traballan.


Os de 4ºB eran os boticarios que tan ben coñecen os secretos das plantas medicinais.


Os de 5º ían de vendedores de flocos de millo, que é un produto que nos gusta a todos. ¡E como pedíamos!




Os de 6ºA ían de follas, todos verdes e moi guapos.


Os de 6ºB ían de menciñeiros que estudaban e sabían de todos os trucos para facer as súas apócemas.



Os profes eran o grupo encargado de manter as plagas á raia.