domingo, 24 de outubro de 2021

novo curso! de mudanza???

 Si, si, si... o novo curso comezou e Carola non apareceu por aquí ata hoxe. Certo é que estivo moi ocupada e moi liada.

Andaba buscando casa, porque era probable que tivera que prestar a súa. 

- A quen vai prestar a biblio?

- A  VÓS!!!


Recordade a revista CANDEAS do curso pasado... Algo adiantaba 



O  noso cole vai mudar de cara, vai poñer traxe novo!! Cambiará de imaxe por fóra e por dentro. 

Ata aquí vai chegar unha morea de persoas que van facer todo o posible por ter un cole das 3 BBB 

- BO. Xa era bo, pero agora imos mellorar moito máis!!

- BONITO. A todos nos gusta moito o noso cole, pero a quen lle desagrada un dóce? pois o cambio vai ser tan grande que vai parecer que imos estrear cole novo. Unha preguntiña xogo.... QUE COR VAI TER O NOSO COLE? a ver se eres quen de acertar...

- BARATO. Coa natureza non se xoga, é algo moi serio que afecta a todo o mundo. Pois aínda que o noso cole vai cambiar de imaxe, e vai ser bó e bonito, tamén vai ser moito máis respectuoso co medio ambiente. Imos estar máis quentes, e mellor iluminados gastando moitos menos recursos. EFICIENCIA ENERXÉTICA que se chama!!


En que lle afecta todo isto a Carola e á Biblio??

Pois que o espazo da biblio vai ser usado como clase. Moitas e moitos de vós pasaredes por alí durante este curso, mentras duren as obras nas vosas clases. 

Despois de moito pensalo, Carola decideu que porque vós veñades ela non ten que marchar. Seguirá a vivir na súa Biblio e alí recibirá e atenderá ás visitas.

Pero..., porque hai un pero, non poderemos usar a biblioteca como tal.

E mira que lle temos ganas!!!

porque dende a reforma e a pandemia, non puidemos gozar da nosa biblio coma antes. 

Despois de moito cavilar, Carola propón que sexa a Biblio a que vaia ás vosas clases. Levará os empréstitos de libros ás clases coa axuda de... 


pero iso é outro conto que contaremos máis adiante.

martes, 22 de xuño de 2021

TOPONIMIA NO PDI


 Como ven sendo costume, no Proxecto Documental Integrado de cada ano, adicamos un espazo concreto para a TOPONIMIA.

Neste caso imos prestar atencións aos LUGARES onde se miraba pola nosa saúde, aínda que non sempre houbera estudados da medicina.


Eran sitios onde había persoas de recoñecido prestixio que nos axudaban en pequenos problemas de saúde.

Menciñeir@s, compostoras,... 

 

Para anunciar esta actividade chegará ás casas unha nota como a que se atopa á dereita. No fondo hai uns SINALADORES que serán os que hai que cubrir, recortar e colocar no mapa da entrada do cole, se sabemos de alguén que curaba e o nome do sitio onde vivía.

Este traballo de toponimia é para recoller o nome dos lugares. Pero se tendes información sobre as persoas que estamos a traballar, non dubidedes máis e a COMPARTIR!!!

Todo sexa por coñecer mellor aos nosos veciños e veciñas. 

Pregunta, indaga, investiga... fai un pequeno traballo sobre esa persoa que "curaba" e envíao ao correo da biblio

bibliodecarola@gmail.com








RESULTADO DESTA ACTIVIDADE:

Mapa do concello da Estrada onde sinalamos

























As parroquias máis nomeadas foron:

TABEIRÓS
e
PARDEMARÍN










A "gañadora" absoluta foi a "Corva de Pardemarín", a señora Carmen.

E moitas grazas ás familias que aportaron pequenos traballos de investigación sobre Carmen Montoiro, algunhas con ilustracións: debuxos, fotos...







venres, 18 de xuño de 2021

Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 3º A de primaria

 A primeira clase en constestar, a primeira pregunta en ser respostada... Dende xaneiro estaba á nosa disposición en RADIO CAROLA, pero xa van sendo horas de compartila no blog da Biblio.

A p`regunta é: O CASO É TER SAÚDE!! pero.., QUE É A SAÚDE?


venres, 11 de xuño de 2021

ANIMACIÓN en 6º B de primaria!!!

 A produción cinematográfica deste cole non para!!!!


As nenas e os nenos de 6º B de primaria fixeron un feixe de curtas de animación que de seguro nos gustarán...

E nos gustarán...

E nos gustarán...

Porque con velas unha soa vez non abonda, e senón xa contaredes...



mércores, 9 de xuño de 2021

Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 2º A de educación PRIMARIA

 Carola e Lingúereta tiñan unha dúbida curiosa, querían saber...


O CONFINAMENTO NA ALDEA...

BOA OU MALA SORTE?

Mirade o que viviron e o que contaron as nenas e os nenos de 2º A...


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Chega o tempo das vacacións, xa ule a caloriño e salitre...

E un ano máis as bibliotecas PLAMBE do concello da Estrada puxémonos dacordo para facervos chegar propostas de lectura para todas as idades...

Este que aparece aquí debaixo é o cartel que recolle todas as recomendacións feitas polas bibliotecas, así como as fantásticas librarías da nosa vila, onde poderedes mercalos.


Para axexar máis polo miudo, tamén contamos co tríptico que nos ofrece máis información



luns, 7 de xuño de 2021

Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 2º B de educación PRIMARIA

 Nestes tempo en que a saúde é algo que nos preocupa tanto, as nenas e os nenos de 2º B traballaron para saber 


A cantos sitios podes ir ao médico na Estrada?

 


Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 3º C de educación PRIMARIA

 A clase de  3º C tamén afondou en:


PANDEMIAS AO LONGO DA HISTORIA



Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 3º B de educación PRIMARIA

 As nenas e os nenos de 3º B de primaria fixeron do evidente o seu traballo de investigación.


Por que pensades que

Carola e Lingüereta chamaron ao proxecto deste ano

SAUDIÑOS E SAUDIÑA? ?


Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 6º B de educación PRIMARIA

 Son maiores estes nenos e nenas de 6º de primaria. Por iso se encargaron dun verdadeiro traballo de investigación:


COMO SE ADAPTARON AS ESCOLAS DO MUNDO Á COVID-19?


É un documento extenso, como extensa foi a súa actividade. Hai moitas horas detrás deste documento que nos presentan:


Carola e Lingüereta QUEREN SABER. 5º A de educación INFANTIL

 A clase de 5º A de Infantil atreveuse cunha pregunta ben difícil:


CANDO SE INVENTARON AS VACINAS?


E a pesares desa dificultade, parece que deron boa conta do traballo e ofrecen unha resposta moi interesante.


xoves, 3 de xuño de 2021

DÍA - SEMANA - MES DO LIBRO 2021

 Abril é o mes do LIBRO. 

Neste curso non puidemos facer grandes celebracións, recibir autoras, contacontos... como viña sendo costume. No noso cole fixéronse celebracións por clase, por nivel ou por ciclo. 


Os máis peques de primaria contaron nun gran mural cales eran os seus LIBROS FAVORITOS.


 

As dúas clases de 5º expresaron Que é un libro para ti? en pequenos debuxos individuais que aparecen no seguinte vídeo.