Premendo na seguinte imaxe podemos ver o vídeo feito cos traballos de 1º B de primaria
luns, 28 de abril de 2025
venres, 25 de abril de 2025
ABRIL, MES DO LIBRO: lecturas que enchen o patio
Alumnado das clases de 4º de primaria aproveitan o bo tempo para achegarse ao patio e ler á sombra dos castiñeiros, ou a pleno sol sentado na herba. Transmiten boas sensacións, parece que lles presta e dan un chisquiño de envexa moi sana.
ABRIL, MES DO LIBRO:lecturas compartidas
Nenas e nenos de 4º A de primaria foron ata as clases de Infantil para contarlle os contos que estiveron preparando, con motivo da celebración do MES DO LIBRO.
Para que vexades que atención prestaba o público de 4º A de Infantil, deixamos estas imaxes do evento
mércores, 23 de abril de 2025
ABRIL, MES DO LIBRO: creación literaria
Na clase de 4º A de primaria adicáronse á creación de minicontos e compartiron con nós fotos do proceso e do resultado:

venres, 11 de abril de 2025
Aprendemos a facer BOOKTRAILER (recomendación lectora)
Dende 5º B de primaria chegan autentic@s booktubers para amosarnos como facer a nosa recomendación lectora e participar no concurso convocado dende a Biblio de Carola.
luns, 7 de abril de 2025
venres, 4 de abril de 2025
VISITA: María Canosa
Cando se traballou en 4º de primaria con "Escola de bruxas" contar co apresencia de María Canosa era inevitable e moi apetecible.
Despois sesión fantástica, moitas quixeron a sinatura de María nos seus libros.
venres, 28 de marzo de 2025
CICLO DE CURTAS: Día Internacional do autismo
Estas son as propostas que se programan para as diferentes idades do noso alumnado:
Para EDUCACIÓN INFANTIL
VISITA: Rosalía Morlán
En datas próximas á celebración do 2 de abril, Día Internacional do autismo, Rosalía Morlán acode á nosa biblio para presentar o seu libro "A bolboreta Arlequina".
Asistiron as aulas de 2º de primaria e xa dispoñemos de varios exemplares na nosa biblio.
Unha vez finalizado o acto, o alumnado de 4º, que tamén coñecía a súa obra, agasallou a Roslaía con debuxos sobre a súa obra.
2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO
Este curso imos prestar especial atención á
CONMEMORACIÓN DO
DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO
Imos máis alá do 2 de abril e adicaremos toda a semana a esta celebración.
Aquí quedan algunhas das propostas que se van realizar:
- Presentación dixital sobre o AUTISMO. Hai que coñecelo para comprendelo.
- Infografía coas instrucións do traballo a realizar de xeito colectivo por todo o cole.
- PUZZLE COLECTIVO para expoñer nun lugar ben visible do cole.
- CICLO DE CURTAS nos recreos.
- Recomendacións LECTORAS sobre a temática do autismo.
mércores, 26 de marzo de 2025
EXPURGO na Biblio
O Equipo de Biblio fixo un traballo enorme nun tempo récord para recuperar o tan necesario espazo nos andeis.
A gran novidade deste expurgo foi que non todo os fondos foron donados ou eliminados. A maior parte deles, case todos exemplares repetidos, foron reubicados. Deste xeito o Equipo analizou e valorou a idade idónea para cada un dos exemplares retirados dos andeis e foron adxudicados a un nivel concreto de infantil ou primaria. Son libros que seguen a formar parte dos fondos da Biblio pero que estarán permanentemente ubicados en cada unha das clases asignadas. O préstamo pode seguir a facerse dende as aulas, posto que KOHA permite esa atención descentralizada, e non poden volver á Biblitoeca. Para evitar este posible retorno, creamos unha NOVA ETIQUETA que está presente en cada un dos exemplares
Esta etiqueta, onde se pode ler claramente o nivel a que está dirixido o exemplar sobre un fondo que di "Biblio de Carola - Dotación de Aula" está colocada na portada á dereita do tejuelo.
Agora temos biblios de aula con máis e mellor dotación..
Dende o Equipo de Biblio queremos agradecer á profe Bego o gran traballo que fixo neste expurgo e que acelerou todo o proceso, conseguindo interrumpir o menos posible na vida cotiá da nosa Biblio.
xoves, 13 de marzo de 2025
VISITA: Contacontos
A Editorial Anaya agasallou ao alumnado de 2º de primaria cunha sesión de contacontos sobre a obra de María Oruña "O tren fantasma".









































