mércores, 26 de marzo de 2025

EXPURGO na Biblio

 O Equipo de Biblio fixo un traballo enorme nun tempo récord para recuperar o tan necesario espazo nos andeis.

A gran novidade deste expurgo foi que non todo os fondos foron donados ou eliminados. A maior parte deles, case todos exemplares repetidos, foron reubicados. Deste xeito o Equipo analizou e valorou a idade idónea para cada un dos exemplares retirados dos andeis e foron adxudicados a un nivel concreto de infantil ou primaria. Son libros que seguen a formar parte dos fondos da Biblio pero que estarán permanentemente ubicados en cada unha das clases asignadas. O préstamo pode seguir a facerse dende as aulas, posto que KOHA permite esa atención descentralizada, e non poden volver á Biblitoeca. Para evitar este posible retorno, creamos unha NOVA ETIQUETA que está presente en cada un dos exemplares


Esta etiqueta, onde se pode ler claramente o nivel a que está dirixido o exemplar sobre un fondo que di "Biblio de Carola  -  Dotación de Aula" está colocada na portada á dereita do tejuelo.

Agora temos biblios de aula con máis e mellor dotación..


Dende o Equipo de Biblio queremos agradecer á profe Bego o gran traballo que fixo neste expurgo e que acelerou todo o proceso, conseguindo interrumpir o menos posible na vida cotiá da nosa Biblio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario