martes, 11 de marzo de 2014

¡QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO!

¡QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO! Deixamos aquí as fotos do Entroido. Como vedes todos os grupos se disfrazaron dacordo co noso proxecto sobre plantas medicinais A BOTICA DE CAROLA:

  En 3 anos todos os nenos e nenas se transformaron en flores.

  Os de 4 anos ían de xardineiros todos guapos.



Aquí están os de 5 que están a estudar moitas cousas do mel e disfrazáronse  de abellas.



 1ºA ían de acivros e 1ºB de couselos. Todos verdes e moi lucidos.



Os de segundo  ían de druídas celtas, que foron os primeiros en empregar as plantas medicinais por estas terras.



Os de 3ºA ían de macela e os de 3ºB de menta. ¡Que ben nos fan estas plantas e que guapos estaban!



Os de 4ºA eran San Xoáns. Todos co seu capuchón vermello representando a planta coa que traballan.


Os de 4ºB eran os boticarios que tan ben coñecen os secretos das plantas medicinais.


Os de 5º ían de vendedores de flocos de millo, que é un produto que nos gusta a todos. ¡E como pedíamos!




Os de 6ºA ían de follas, todos verdes e moi guapos.


Os de 6ºB ían de menciñeiros que estudaban e sabían de todos os trucos para facer as súas apócemas.



Os profes eran o grupo encargado de manter as plagas á raia.






luns, 3 de febreiro de 2014

IES LOSADA DIÉGUEZ

Aínda que un pouco tarde, queremos dende esta xanela dar as grazas aos nosos compañeiros do IES Losada Diéguez por encher de ledicia o noso centro coas súas actuacións e lecturas. É para nós un gran acontecemento como se pode ver nas caras dos nosos alumnos. MOITAS GRAZAS! Todas as obras do grupo AVELAÍÑAS nos gustaron moito e descubrir- detrás deses actores- aqueles pequenos nenos e nenas que un día estiveron aquí. Os RETELLADORES DO GALIÑEIRO leron para o segundo ciclo contos de África, que é o tema que estaban a tratar no instituto. Agardamos que volvades o ano que vén.





















martes, 28 de xaneiro de 2014

mércores, 18 de decembro de 2013

"ANTÓN E O APALPADOR"

 Gracias a iniciativa da AMPA puidemos disfrutar de
  BARAFUNDA TEATRO contándonos
  " ANTÓN E O APALPALPADOR "
  aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasaron.










martes, 17 de decembro de 2013

GUIA LECTURAS NADAL

UN ANO MÁIS AQUÍ DEIXAMOS UNHA GUÍA DE POSIBLES LECTURAS COAS QUE DISFRUTAR. Está feita de xeito colaborativo cos centros CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP de O Foxo e CEIP Nosa Sra. das Dores de Forcarei. E non esquezades que sempre hai un libro agardando por vós. Bo Nadal.

xoves, 12 de decembro de 2013

NA TÚA CARTA DE REIS ...UN LIBRO TAMÉN

Coma todos os anos ao chegar o Nadal o colexio de Figueiroa en colaboración coas librerías de A Estrada organiza unha exposición de libros para que todos nos animemos a incluír alomenos ún entre as peticións que fagamos aos Reis. O CEIP de Figueiroa agradece ás librerías Alberte Quiñoi, Durán, Faro, Lolimay e Marxe a súa participación nesta actividade de fomento da lectura, que chamamos  "Na túa carta de Reis...  un libro tamén".


martes, 19 de novembro de 2013

20 NOVEMBRO. DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS

Pincha na imaxen para acceder a moitos recursos





mércores, 30 de outubro de 2013

O AMOR AO LIBRO E A IMPORTANCIA DE LER

 Un enlace sobre o amor ó libro e a importancia de ler.  ¡Que o disfrutedes!







martes, 17 de setembro de 2013

CRTVG INFANTIL

ENLACE A CRTVG ONDE PODEMOS ATOPAR COUSAS MOI NTERESANTES





xoves, 20 de xuño de 2013

poema de Manuel María O MEU BARCO

" Os nenos e nenas de 1ºB recitan un precioso poema de Manuel María O MEU BARCO"

mércores, 19 de xuño de 2013

O PAXARIÑO MALFERIDO

  Aquí están os nenos e nenas de 1º A coa súa obra de teatro O PAXARIÑO MALFERIDO

mércores, 8 de maio de 2013

DAS LETRAS GALEGAS 2013 ; ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao actor Roberto Vidal Bolaño




EDUCACIÓN INFANTIL; Seminario Galán
A súa biografía
A súa obra
LIM Ceip Mallón
LIM CEIP Adr Castelao ( Rianxo )


ECUCACIÓN PRIMARIA
A súa biografía
A súa obra
LIM (Ceip Mallón )
LIM ( García Barbón )
LIM ( Ceip Adr Castelao ( Rianxo )



MÁIS RECURSOS