xoves, 5 de outubro de 2017

BENVID@S AO NOVO CURSO!!!

Xa estamos de volta, de feito con Outubro xa empezado, podemos decir que estamos totalemente instalados. Ata os máis novos, as nenas e nenos de 3 anos, é como se sempre estiveran aquí.

ASÍ DÁ XENIO!!!


Anda o cole medio revolto coas miñas peticións e encargos. A entrada parece un escaparate dunha discográfica!!! Un feixe de LPs, dos discos "antigos" flotan por riba das nosas cabezas. De cada disco colga un estilo musical. E pouco a pouco van desaparecendo os guións de traballo e son sustituidos por CDs co curso que se "apropiou" dese estilo.


Xa podemos sospeitar por onde van os tiros neste curso, ou máis ben: os compases, os ritmos,...

Para este curso imos gozar e disfrutar con 


MÚSICA, MÚSICAS


 

A xeito de introdución cada clase vai ter que traballar un estilo musical. O traballo consiste en dar resposta a 4 sinxelas preguntas (ou non tan sinxelas!!!)





  • QUE SABEDES DESE ESTILO MUSICAL?     Aínda os estilos musicais máis raros, de seguro que nos traen á nosa memoria algún dato. É case imposible non saber nada de algo!!

  • QUE QUEREDES SABER?     Aínda que coñezamos moito sobre un estilo musical, sempre quedan cousas por aprender. É case imposible saber todo de algo!! Nas instrucións que había nos discos, apunto varias posibilidades: 
    · orixe e causas dese estilo musical
    · Donde se dou ese estilo (ubicación xeográfica)
    · Cando se produciu (momento histórico)
    · Representantes
    · Instrumentos empregados
    · Modalidades, estilos
    · Estética, rasgos físicos que o definen
    · Anécdotas
    · 
     
  • COMO NOS IMOS ORGANIZAR?      Haberá que buscar información para dar resposta á pregunta anterior. Para iso contamos coa colaboración das familias, e por suposto coa miña colaboración. Estarei encantada de recibirvos na miña-nosa casiña, na biblioteca para axudarvos en todo o que poida. Pero ollo!!, non todo o que leamos vale, hai que selecionar a información, hai que debullala, e hai que preparala. DARLLE O NOSO TOQUE PERSOAL!!


  • COMO O IMOS PRESENTAR?     Cando rematemos o traballo das preguntas anteriores, é o momento de COMUNICALO.  Desta volta non imos facer libro, nin carteis, nin fotos.... Agora toca FALAR. A meta deste traballo é facer unha EXPOSICIÓN ORAL de todo o que investigamos. Unha boa opción para apoiar esta exposición é facer unha presentación dixital, para a que podedes contar co asesoramento da bibioteca...

Ningún comentario:

Publicar un comentario