O sábado 25 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
No CEIP de Figueiroa imos achegarnos a este problema, a partir de situacións reais nas que alguén se empeña en facernos diferentes, distintos e desiguais.Agora que está tan próximo o Nadal e con el os inevitables e agardados agasallos, imos fixar a atención nas ofertas de xoguetes.
TODOS QUEREMOS XOGUETES??
COÑECEMOS MOITOS XOGUETES?
SABEMOS PARA QUE SIRVEN OS XOGUETES QUE QUEREMOS?
Pois despois de ter claro esas cousiñas, miraremos polo miúdo como nos presentan eses xoguetes, facendo este TRABALLO EN EQUIPO. Tan só precisaremos catálogos de xoguetes e as fichas que aparecen a continuación:
Moitos destes xoguetes, moita publicidade, entra polos ollos. Na televisión dende onde máis publicidade nos chega.
Fixemos unha escolla entre diferentes anuncios publicitarios para traballar na clase.
Son 25 ANUNCIOS de XOGUETES.
É un TRABALLO EN EQUIPO, porque pensando entre varias persoas, pensamos máis e mellor.
Colocádevos en grupos de 4 ou 5. Trátase de ver o vídeo en clase e ir contestando a ficha que aparece a continuación. Entre anuncio e anuncio hai 5 segundos que poderedes aproveitar para parar o vídeo e adicar un pouco máis de tempo á pensar e contestar.
A modo de resume, deixamos aquí un vídeo que fixo The Huffpost, sobre o sexismo nos xoguetes. Recomendamos velo despois de facer o traballo de reflexión previo.
E como estamos no ANO DA MÚSICA, como non podía ser menos, durante o venres e o luns escoitaremos unha escolla de cancións que demos en chamar
25 de novembro no ano de MÚSICA, MÚSICAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario