xoves, 14 de marzo de 2019

UNHA LONGA VIAXE... cara a PAZ

Vai rematando xaneiro e o Día da Paz é un momento importante no curso escolar, ao que prestamos especial atención. No curso en que traballamos o PDI "Amaromar" os movementos migratorios que teñen lugar no medio mariño van ser os protagonistas.

Aproveitando un conto precioso que publicou Kalandraka, fixemos unha adaptación na que colaboraron moitos nenos e nenas do cole.




As imaxes que ilustran este conto son tan bonitas que non fumos quen de escoller. Empregamos todas e cada unha dos debuxos que narran as vivencias de dúas familias tan diferentes e tan iguais.

Para poder compartir este traballo puxémonos en contacto coa Editorial e ..., a continuación "pegamos" a súa resposta:

  • Antes de nada, darvos os parabéns polo voso traballo. Con respecto aos permisos que solicitades, Kalandraka non ten ningún inconvinte para que difundades o video, de todos os xeitos, faremos as xestións necesarias co autor e ilustrador para acadar tamén o seu permiso.

Radio Carola facilitou os medios para acadar o mellor dos resultados posibles. Repartíronse os papeis, escolléronse as músicas e...

 Así comeza a historia....


No ceo dalgún lado, dalgún país, de calquera sitio, íase iniciar unha viaxe a algún lado, a algún país e a calquera sitio… mellor. Aínda que isto non é de todo certo. Hai países que teñen sitios que quedan de lado e as viaxes aí son certamente difíciles pero necesarias.
O ceo azul coma o mar se non hai nubarróns, vístese de esperanza e da acubillo a quen pasea dende a terra e mira para el buscando un sopro de vento que o empurre tal vez para un lugar mellor. A veces isto é unha necesidade. Os paxaros libres saben que teñen que marchar, para despois voltar cando deixe de arrefriar, as persoas teñen que.. simplemente marchar coa idea de poder voltar algún día.
Acompañémolas pois na súa viaxe baixo o mesmo ceo e sobre a mesma terra.. a súa terra.




Ningún comentario:

Publicar un comentario