No CEIP de Figueiroa queremos render homenaxe á Xela nena. Temos a gran fortuna de dispoñer dun conto que escribeu cando era pequena: A FRAGA DOS PAXAROS FALADORES E A FRAGA LEOPARDICIA.
Este conto ten a súa versión ANIMADA.
As tres clases de 4º de primaria participaron no proxecto de formación que A Biblio de Carola programou ao abeiro do plan de Biblioteca Creativa. Un curso de animación que imparteu a empresa Gingko, onde traballaron a animación 2D e 3D.
O texto de Xela Arias divideuse en tres partes, para que cada aula se centrara nunha porción da historia:
4º B preparou a parte "real" da historia: como xorde a idea de facer a viaxe dende a súa casa |
4º A levounos de paseo pola fraga dos paxaros faladores |
4º C achegounos a unha exuberante fraga leopardicia |
Aquí está o traballo realizado. Desfrutade!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario