venres, 18 de novembro de 2022

VOLVE O VOLUNTARIADO!!!!

 

Para as CHAPAS como elemento distintivo do voluntariado

Co voluntariado podemos decir que acadamos a normalidade. Os recreos volven encher a biblioteca de nenas e nenos mesturados que comparten e crean!!!

Todo é grazas ao alumnado de 5º e 6º que adican os seus tempos de lecer a organizar os recantos que libremente se poñen a disposición de todo o alumnado de primaria.




A autoxestión é total e así se pode comprobar na FICHA TÉCNICA que cada voluntari@ ten que cubrir sobre o traballo que vai desenvolver. Deciden que facer, cando e indican as necesidades de recursos. Todo acompañado da descrición do obradoiro (nunca se sabe cando pode faltar unha persoa e o obradoiro nonvai quedar sen atender). 






A ficha técnica queda, como de costume, na caixa de Carola que se coloca na mesa onde se vai desenvolver o obradoiro. A foto d dereita amosa as caixas e foi tomada pola Asesoría de Bibliotecas.


Todo comezou no mes de Outubro coa formación do voluntariado que se prolongou ata o mes de Novembro, porque só dispoñiamos do tempo do recreo. 
Unha vez rematada a formación, todas as persoas interesadas en continuar cubriron e asinaron o CONTRATO de VOLUNTARIADO



Coreconto feito de todos os contratos xa coñeciamos a disponibilidade e a preferencia de cada persoa. Na seguinte táboa están recollidas as responsabilidades ata o mes de marzo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario