venres, 26 de abril de 2024

XOGOS TRADICIONAIS no patio

No noso centro, nas horas de recreo, o deporte rei continúa a ser, sen lugar a dúbidas, o fútbol, condicionando, en gran medida, as interaccións neste tempo de lecer entre o noso alumnado. O curso pasado quedaron claramente delimitados os espazos de xogo, evitando que todo o patio seguise funcionando como un gran estadio, e acordouse establecer un día sen fútbol, posibilitando que todo aquel/a que desexase xogar a outros deportes, como por exemplo o baloncesto, contase cun campo libre onde poder facelo. Observamos que son os nenos, de maneira maioritaria, os que xogan a este tipo de deportes, ocupando as nenas un papel totalmente secundario. 

Esa é unha das razóns que nos impulsa a habilitar un día á semana o patio central (no que non hai fútbol ningún día) para promocionar diferentes xogos tradicionais orientados tanto a nenos como a nenas, creando, así, un espazo libre da fenda de xénero: corda, construción con elementos naturais, goma, mariola.... 

Dirixiremos os nosos esforzos a conseguir que dito espazo acabe sendo xestionado polo propio alumnado.

 


Como estaba previsto, realizáronse sesións de xogos tradicionais no patio do cole.

Nas seguintes fotos podemos ver xogando ao alumnado de 3º de primaria:










Tamén xogaron con xoguetes tradicionais, coma os carozos ou "ás casiñas".









E cando o tempo non acompaña, sempre está o pavillón:









martes, 23 de abril de 2024

CELEBRANDO O LIBRO: día, semana, mes...

Para celebrar o mes do libro no noso proxecto figuraban varias propostas, pero ningunha tan prometedora como esta actividade feita polo alumnado de 3º de primaria:


LECTURA NO PATIO


Contar co patio como un espazo da Biblio de Carola é unha ansia case tan vella como a propia Biblio. Estas nenas e nenos de 3º fixeron o que tanto anhelabamos e por que non? ao mellor abriron unha porta pola que poderemos pasar todas en breve.









Moitas grazas compañeir@s!

xoves, 11 de abril de 2024

O voluntariado e os club de lectura tamén celebran!

Non vai ser todo traballo...

Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecer a adicación das persoas que forman parte do VOLUNTARIADO da biblio e/ou dos diferentes CLUBs DE LECTURA

Por esa razón despedimos o 2º trimestre cunha chocolatada na biblio.





martes, 12 de marzo de 2024

O TAPIZ COLECTIVO DESTE ANO.... olímpico

Xa quedou na Biblio de Carola a nova proposta de TAPIZ COLECTIVO para ir bordando en cachiños de tempo.


Como non podía ser doutro xeito, aparecen os AROS OLÍMPICOS, e as nosas amigas Carola e Lingüereta representada na man que sostén o facho. Os deportes que se poden visualizar son os denominados PARALÍMPICOS

Coma sempre as zonas de bordado están delimitadas nun espazo tal, que permitan que ata no tempo do recreo se poida encher añlomenos, unha enteira.

Aínda así quixemos compartir unhas instrucións que puideran entender todas e todos para acadar o mellor dos resultados.



luns, 11 de marzo de 2024

8 marzo - DÍA DA MULLER

 As clases de 3º de primaria traballaron para conmemorar esta data sobre


MULLERES E DEPORTE


Fixeron 2 murais con debuxos personalizados




.

mércores, 28 de febreiro de 2024

8 de MARZO - CICLO DE CURTAS

O voluntariado da Biblio de Carola prepara un novo ciclo de curtas para conmemorar o Día da Muller traballadora. Por esa razón poderemos desfrutar da súa escolla durante toda a semana.





luns, 26 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

A clase de 4º A compartiu na Biblio poemas de Rosalía de Castro con outros grupos do cole.

Deixamos o vídeo que da conta do seu bo facer.



ROSALÍA EN MOVEMENTO

Outro xeito de celebrar o DÍA DE ROSALÍA, tendo en conta o PDI deste curso, é traballar para poñer a Rosalía a practicar deportes olímpicos.

Foi unha actividade ben chula na que cadaquén empregou a súa creatividade para debuxar á nosa Rosalía en pose deportiva. Despois, grazas á tecnoloxía, os debuxos cobraron vida, danzando, brincando ou correndo sen parar dun lado a outro.

A modo de exemplo, deixamos aquí a unha Rosalía feita nas clases de 3 anos.


Todas as creacións foron recollidas e gardadas en diversos documentos. Nas aulas de 3 anos compartíronas deste xeito:


As Rosalías deportistas de 4º A de infantil


Rosalías brancas feitas en 4º B de infantil


luns, 19 de febreiro de 2024

CANDO TODAS PODEMOS XOGAR...

O patio constitúe un dos momentos favoritos dos nosos cativos e cativas, ademais dun elemento clave no seu desenvolvemento físico, social e intelectual. Debe tratarse, por isto, e tal e como xa indicamos, dun espazo dinámico e inclusivo, con múltiples e variadas ofertas de xogo, buscando que, no noso centro, continúen tendo cabida todos os xeitos de divertirse, comunicarse e socializar nos diferentes momentos que constitúen a xornada escolar. Retomarase, con este fin, a iniciativa resultante do PFPP do curso 21-22, Unha escola para todos. Deste modo, a proposta alternativa ao xogo libre estará acompañada de instrucións adaptadas aos diferentes sistemas de comunicación presentes na nosa escola, co fin de que estas sexan comprendidas e interiorizadas pola totalidade do noso alumnado. Nesta mesma liña, coidarase a sinaléctica dos diferentes espazos de lecer dos nosos patios para atender ás necesidades estructurais e comunicativas da totalidade do noso alumnado.