martes, 15 de outubro de 2019

NOVO CURSO!!! NOVIDADES!!

Comeza o curso 2019/2020 e a nosa Biblio de Carola tamén presenta novas:


  - ESPAZO CREATIVO, A TOPE!!! (falaremos del noutra entrada)

- VOLUNTARIADO (tamén merece unha entrada propia)

- NOVAS NORMAS E NOVO XEITO DE EXPOÑELAS.



Grazas á colaboración do Departamento de Orientación, e sobre todo a Rocío, contamos cunhas normas da biblio  moito máis accesibles. Son normas necesarias para un funcionamento óptimo da biblio, tan concurrida nalgúns momentos, coma nos recreos. E son máis accesibles, porque aparecen en distinto formato: imaxe, texto e pictos.









- ORGANIZACIÓN DOS FONDOS:

Voltan estar os fondos ben colocadiños e ademais aproveitamos eses mobles tan altos para colocar os libros dos ITINERARIOS LECTORES, organizados por cursos.






 - ESPAZO CREATIVO, A TOPE!!!



luns, 7 de outubro de 2019

QUE COMÍAN OS AVÓS?

Esta é a proposta de traballar ALIMENTACIÓN COMPARADA ao longo do tempo. Baixo esta pregunta queremos saber, entre outras, cousas como:

- que comían antes e agora non
- que comen agora e antes non
- que comían o día da festa
- que comían polo Nadal
- que comían o día do casamento
- que almorzaban
- que merendaban
- como conservaban os alimentos
- criaban ou cultivaban o que comían...


Aquí iremos deixando os traballos dispoñibles que superaron a cuarentena...


5º B de EDUCACIÓN INFANTIL:



1º B de EDUCACIÓN PRIMARIA:




Os nenos e nenas  de 1ºB do Ceip de Figueiroa co galo do PDI  ¡Como!¿como? decidimos investigar un pouco sobre que comían os avós e bisavós pola festividade do Nadal.


Descubrimos que, comidas que agora nos parecen moi habituais, naquela época eran obxecto de luxo. Foi moi enriquecedor para todos darnos conta deses cambios.




Aínda con variantes,  aquí achegamos  un

 


xoves, 27 de xuño de 2019

FESTA DE DESPEDIDA DO VOLUNTARIADO DA BIBLIO DE CAROLA

Cando remata o curso 18/19, tamén remata o tempo de colaboración de moitas nenas e nenos na nosa Biblio. Son a xentiña de 6º que vai emprender novos roteiros e novas aventuras.

Foi un grupo moi numeroso, con participación de 5º e 6º como é habitual, pero xa houbo alguén de 4º que, por insistentes, conseguiron formar parte do noso voluntariado.

Non todas e todos estiveron todo o tempo e non coa mesma forza, pero queremos agradecer a cada unha destas persoas a sñua adicación e responsabilidade. Souberon formar parte dun equipo e traballar de xeito conxunto. O gran éxito que supón a biblio nos recreos, non sería tal sen a súa colaboración.

Pero dun xeito moi especial queremos agradecer a voluntarios e voluntarias que estiveron dende o inicio, mantendo a súa forza e ánimo e contaxiando a todos.

MOITAS GRAZAS, DE CORAZÓN!




mércores, 26 de xuño de 2019

Radio Carola. POR FIN!!!!

Levamos coa radio a voltas todo este curso e parte do anterior. Prácticamento todas e todos pasamos polo espazo físico de RADIO CAROLA. Pero houbo que agardar ata ter rematado o curso para contar por fin, co espazo dixital da nosa radio.

Se picades na imaxe de Radio Carola que está situada na columna da dereita neste blog, poderedes achegarvos a case todos os audios creados.

Están agrupados según a temática que abordan, no que denominamos PROGRAMAS. Polo momento estes son:



    MOITO CONTO. Relatos, poesía, contos, historias que nos gustan e queremos compartir...

Aquí poderemos atopar as gravacións de:






  • "DÍA DE ROSALÍA". Poema de Rosalía de Castro gravado por alumnado de Infantil
  • "A LONGA VIAXE". Adaptación e versión do conto do mesmo título editado por Kalandraka
  • "POEMAR O MAR" obra de García Teijeiro, de onde as nenas e os nenos de 2º B de primaria prepararon e recitaron 2 poemas.
  • "O MAR" de Manuel María, é un audio creado pola clase de 1º B de primaria
  • CONTOS CLÁSICOS EN VERSO. Son unha serie de contos clásicos rimados, creados por Fernando González Graña, que moi amablemente prestou á clase de 2º B de primaria para compartir con todos nós.
 

 

   ENTREVISTAS. Espazo adicado a coñecer máis polo miúdo aquelas persoas interesantes que pasan polo noso cole ou que están relacionadas co que a nós nos interesa.






  • CRIS DE CALDAS. Aproveitamos unha nova visita de Cris de Caldas para unha contada máis "especial", a que daba resposta ás preguntas de 1º A de primaria na nosa Radio Carola.
  • SUSANA ARÍNS. Despois de agasallarnos cun libro con poemas inéditos e facernos a tod@s facedores/as de poesía, Susana pasou pola radio para responder ás preguntas formuladas por alumnado de 5ºB de primaria.


 

   CONSELLOS. Consellos e publicidade. Tratanse diversas temáticas: promoción de hábitos saudables, difusión de actividades...











   O QUE ACONTECE... (novas). De todo o que pase no CEIP de Figueiroa, irase dando conta neste espazo. Novas relacionadas con Carola, Lingüereta, extraescolares, deporte,...






  • OFICIOS DO MAR. Información ofrecida polos profes que participan no PFPP "Radio na escola".







   MÚSICA, cancións. Música e músicas que nos inspiran, coas que traballamos e disfrutamos.







luns, 24 de xuño de 2019

DESPEDIDA DE 6º B de primaria. Unha roladiña que marcha....


Vídeo que relata o paso do tempo no grupo de
nenas e nenos que formaron a clase B
dende 2011...
Unha roladiña ben xeitosa!!








luns, 17 de xuño de 2019

NO VERÁN, MERGÚLLATE NOS CONTOS!!

Xa están aí as vacacións, e para non perder o rumbo, todas as biblios dos centros PLAMBE da Estrada pensamos e pensamos para que poidades desfrutar o máximo posible do voso tempo de lecer.

E para iso, aquí quedan as escollas que fixemos de libros. Aínda que se presentan por nivel lector, xa todos sabemos que non idade para ler, e calquera das opcións de seguro que nos farán pasar moi bos momentos.


Na Biblio de Carola poderemos atopar eses libros a partir de setembro!!



martes, 30 de abril de 2019

DÍA (semana) DO LIBRO. ILUSTRES VISITAS!!! (I)

Chega o mes de abril e a Biblioteca énchese de festa. Os nosos mellores inquilinos, OS LIBROS, están de celebración.

Para esta ocasión, e en colaboración coa ANPA Picariños, recibimos dúas fantásticas visitas:

- unha visita dunha moi boa coñecedora de libros, tan boa que chega a enchouparse deles para quitar de cada un o melloriño e ofrecérnolo. Trátase de CRIS DE CALDAS, a nosa contacontos favorita

- a outra visita é dunha facedora de libros. Escribe poemas, contos, novelas... Relatos que nos enfeitizan e que cando é ela quen os conta quedamos pamp@s. Estamos a falar de SUSANA ARÍNS.


CRIS DE CALDAS

De baleas, sereas e piratas. Verbas de sal e outros contos de mar

Cris volveu facelo. Volveu respostar á nosa solicitude como só ela o sabe facer. Escolleu, preparou e relatou un feixe de historias todas vinculadas ao mar.

As nenas e os nenos de Infantil, 1º e 2º foron @s afortunad@s!!!

E aquí queda unha mostra gráfica do seu paso pola Biblio de Carola:















DÍA (semana) DO LIBRO. ILUSTRES VISITAS!! (II)

Por primeira vez (e non vai ser a última...) achégase ao noso cole


SUSANA SÁNCHEZ ARÍNS.

Dende o Foxo ata a Arousa!

Susana, estradense coma nós, coñeceu o mar moi de preto. Dende que chegou á Arousa involucrouse moito na vida cotiá da Illa, da Ría..., porque ela non sabe facelo doutro xeito.

A pesares dos seus medos, o mar foi quen de engaiolala e viveuno de pleno. Navegar convirteuse axiña nunha tarefa cotiá. E a súa escrita acompañouna nesa singladura. O seu libro "A noiva e o navío" foi a razón pola que quixemos contar con ela no mes de Abril. Susana pensou que se trataba dunha obra pouco axeitada para a rapazada que a ía escoitar. A modo de broma, suxerímoslle que senón valían eses poemas, que nos fixera un para nós.

E non nos fixo caso!! Non escribeu un poema para nós!!



Agasallounos cun LIBRO MANUSCRITO onde había DEZ poemas, algún adaptado da súa obra anterior, pero a meirande parte deles pensados, sentidos e escritos pensando nas nenas e nos nenos do cole de Figueiroa.

E por se fora pouco, agardou a estar con estas mozas e mozos para crear colectivamente un poema, "as crebas", no que participou quen quixo e que quedou tamén nas preciosas páxinas azuis do libro "Amaromar" de Susana Aríns.




E así o fixo constan na súa adicatoria:



Con Susana estiveron as nenas, nenos e mestras de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.


O NOSO LIBRO "AMAROMAR" DE SUSANA ARÍNS







Estes son os nosos poemas:









varanda



andar o dia todo

a fazer “o pino”

o sangue na cabeça

a força pousada nas mãos

as areias a cravar-se nos dedos

andar o dia todo

a fazer “o pino”

a olhada direta às botas

aos ténis aos sapatos

e reparar na cor das meias

e nesse sinal na pele do nocelho

no balouçar dos teus pés

quando te pões nerviosa

porque ando o día todo

a fazer “o pino”



isso é navegar

ver-lhe o revés à terra.





bruídos

o bruar da buguina na fábrica
os brutamontes nas motos de àgua
os bracejos a berrar polas amigas
branca brais braulio brenda
o bramido das hélices dos motores
o brus que esfrega a coberta
brindos e bromas entre a brétema
cabriolas das crianças na praia
bravo bravo bravo bravo
como brincam entre a bruma
as brigas de toalha a toalha
a bronca bule sai da areia
abriga-te!
br br br br br br br br br br br br br
breve é a brisa que nos leva
longe
muito longe
do barulho
a perfeiçoar
andamos nós
a técnica da lentitude
a arte        de escuitar o silêncio







medo
medo a cair a afogar
medo á nevoa que oculta o sol
                                   e o caminho
medo ao urco ao kraken
                  aos monstros enormes
                  ás barrigas das baleias
medo á solheira ao calor
                  a morrer de sede sem àgua
                                   sem alento
medo ao vento súbito
                  que arrebola as velas
medo ao relampo ao longe
                  ás nuvens negras que trazem tronada
medo á escuridade da àgua
                  aos seus segredos
medo a esvarar a trilhar os dedos
                  em tanto cabo
medo a que nom queiras
    navegar comigo





o mistério

olha lá!
que é aquilo?
que floreia na mar?
um com?
um lixo chegando da praia?
um mergulhador à procura de navalhas?
repara!
agora sai!
e será um monstro
dos que falam os contos?
ssssst!
nom o espantes!
eis o vem!
e na borda da dorna
assoma o  focinho
como un cadelo contento
o arroaz
podes acarinhá-lo, nom trava!





as crebas

no bordo da praia
o mar que enche e devala
entregou-me
um cabo esfianhado
que quiçás foi escota.
um dardo verde
uma concha com un burato
outra con cinco
uma cana de pescar
uma gradisela morada e viva
um anzol
uma pedra com um cristal pegado
uma buguina que cheirava a prea
uma concha de xíbia
uma pedra com forma de coraçom
uma pá e um cubo
dez euros
a quilha duma tábua de surf
um triciclo oxidado
um caranguejo vivo
outro atrapado nas rochas
uma concha como uma lámpada
uma concha
com uma concha dentro
com uma concha dentro
e dentro
e dentro
e dentro
uma águamorta
dez euros, outra vez
e sem frasco nem mensagem
  a tua voz desarborada

                        poema colectivo







Moitísimas, moitísimas grazas, Susana!!