ADELAIDA conta, ben contada a historia publicada por Kalandraka, que foi creada por Xosé Ballesteros e ilustrada por Óscar Villán.
Música de fondo: Dance for Wind Trio de SIR CUBWORTH da audiolibrería de Youtube.
Lembrade que temos o texto debaixo para poder ler e aquí queda un LIM do COELLIÑO BRANCO, feito por unha vella amiga do cole, Belén Junquera, para xogar...
O COELLIÑO BRANCO
Xosé Basllesteros
Óscar Villán
Era
unha vez un coelliño branco.
Un día
foi buscar coles á horta para facer un caldiño.
Cando o
coelliño volveu á casa, atopou a porta pechada e petou.
-Quen
é?-preguntou un vozarrón dende dentro.
-Son
eu, o coelliño branco que fun coller coles a horta e vou facer un caldiño.
-Pois
eu son a cabra cabresa e, como non marches, sáltoche enriba da cabeza.
O
coelliño foise de alí correndo a présa.
-Eu son
o coelliño branco e fun buscar coles á horta. Volvín á casa para facer un
caldiño pero nela está a cabra caburra que me salta enriba e me espaturra.
Queres vir comigo?
-Eu
non, eu non vou, que teño medo-dixo o boi mentres marchaba.
O
coelliño seguiu andando e atopou un can.
-Eu son
o coelliño branco e fun buscar coles á horta. Volvín á casa para facer un
caldiño pero nela está a cabra cabraza que me salta enriba e me esmagaza. Queres vir
comigo?
-Eu
non, eu non vou, que teño medo-dixo o can mentres marchaba.
O
coelliño seguiu andando e atopou un galo.
-Eu son
o coelliño branco e fun buscar coles á horta. Volvín á casa para facer un
caldiño pero nela está a cabra cabralla
que me salta enriba e me escangalla. Queres vir comigo?
-Eu
non, eu non vou, que teño medo-dixo o galo mentres marchaba.
O
coelliño seguiu andando cada vez máis triste sen esperanza de poder volver á
casa. Pero atopou unha formiga que lle preguntou:
-Que
che passa coelliño branco?
-Que
fun buscare coles á horta. Volvín a casa para facer un caldiño pero nela está a
cabra cabruxa que me salta enriba e me esbabuxa.
-Pois
eu vou contigo-dixo a formiga-. Non lle teño medo a unha cabra caprina.
E os dous
volveron e petaron á porta.
-Aquí
ninguén entra- dixo un voceirón dende dentro. Xa está a cabra cabresa que vos
salta enriba da cabeza se non marchades á présa.
E dixo
a formiga:
-Pois
eu son a formiga rabiga.
Como
non abras fúroche na barriga.
Ä cabra
cabrisa deulle un ataque de risa.
Entón a
formiga rabiga entrou polo burato da pechadura, achegouse á cabra e zas!
Meteulle unha picada no bandullo.
A cabra
fuxiu coma un foguete dicindo.
-Eu son
a cabra cabresa e a esta casa non volvo
porque non me interesa.
A
formiga rabiga abriulle a porta ao coelliño branco.
Coas
coles fixeron un caldiño, comérono e a min non me deron porque non quixeron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario