O sábado 25 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
No CEIP de Figueiroa imos achegarnos a este problema, a partir de situacións reais nas que alguén se empeña en facernos diferentes, distintos e desiguais.Agora que está tan próximo o Nadal e con el os inevitables e agardados agasallos, imos fixar a atención nas ofertas de xoguetes.
TODOS QUEREMOS XOGUETES??
COÑECEMOS MOITOS XOGUETES?
SABEMOS PARA QUE SIRVEN OS XOGUETES QUE QUEREMOS?
Pois despois de ter claro esas cousiñas, miraremos polo miúdo como nos presentan eses xoguetes, facendo este TRABALLO EN EQUIPO. Tan só precisaremos catálogos de xoguetes e as fichas que aparecen a continuación:
Moitos destes xoguetes, moita publicidade, entra polos ollos. Na televisión dende onde máis publicidade nos chega.
Fixemos unha escolla entre diferentes anuncios publicitarios para traballar na clase.
Son 25 ANUNCIOS de XOGUETES.
É un TRABALLO EN EQUIPO, porque pensando entre varias persoas, pensamos máis e mellor.
Colocádevos en grupos de 4 ou 5. Trátase de ver o vídeo en clase e ir contestando a ficha que aparece a continuación. Entre anuncio e anuncio hai 5 segundos que poderedes aproveitar para parar o vídeo e adicar un pouco máis de tempo á pensar e contestar.
A modo de resume, deixamos aquí un vídeo que fixo The Huffpost, sobre o sexismo nos xoguetes. Recomendamos velo despois de facer o traballo de reflexión previo.
E como estamos no ANO DA MÚSICA, como non podía ser menos, durante o venres e o luns escoitaremos unha escolla de cancións que demos en chamar
Ola a todos. Como puidestes ver o noso cole está máis musical ca nunca.
Son tantos e tan variados os estilos que se están a traballar en todas as clases!!
Podemos coñecer máis de cerca cada estilo, cada música, grazas á nosa MÁQUINA DE DISCOS. Está situada na entrada do cole e no seu cadro de seleción podemos ir vendo que música escoitamos cada semana do que queda de curso.
Durante a semana pasada escoitamos CHARLESTÓN. Tratábase da escolla que fixo 1º A de Primaria e que vos deixamos a continuación.
A entrada ao cole, o recreo e a saída fixéronse dun xeito moooito máis animado. Daba xenio ver como ata os máis pequenos acodían ao patio movendo as cadeiras e os brazos. Podemos decir que o charlest´n foi do noso agrado.
E QUE NOS AGARDA PARA A SEMANA QUE COMEZA MAÑÁ?? Só podemos adiantar que a escolla musical corresponde a un dos grupos dos máis peques do cole: a clase de 4º A de Educación Infantil.
Non acabamos de acostumarmos á respostas das nosas familias. O reto deste ano era difícil, difícil, pero..., aí están, batendo todos os récords e expectativas.
A premisa que lanzamos, para AMBIENTAR o cole era que os cabazos do SAMAÍN gardaran algunha relación co proxecto deste ano "MÚSICA, MÚSICAS".
A resposta foi enorme e moi, moi, moi lograda.
Queda pendente de rematar un vídeo que dea boa conta, polo miúdo, do moito e ben que se traballou. Pero non podemos esperar a amosar os nosos espazos musicais.
A exposición artellouse en varios espazos, onde se recollían as producións por estilos musicais afíns.
Xa estamos de volta, de feito con Outubro xa empezado, podemos decir que estamos totalemente instalados. Ata os máis novos, as nenas e nenos de 3 anos, é como se sempre estiveran aquí.
ASÍ DÁ XENIO!!!
Anda o cole medio revolto coas miñas peticións e encargos. A entrada parece un escaparate dunha discográfica!!! Un feixe de LPs, dos discos "antigos" flotan por riba das nosas cabezas. De cada disco colga un estilo musical. E pouco a pouco van desaparecendo os guións de traballo e son sustituidos por CDs co curso que se "apropiou" dese estilo.
Xa podemos sospeitar por onde van os tiros neste curso, ou máis ben: os compases, os ritmos,...
Para este curso imos gozar e disfrutar con
MÚSICA, MÚSICAS
A xeito de introdución cada clase vai ter que traballar un estilo musical. O traballo consiste en dar resposta a 4 sinxelas preguntas (ou non tan sinxelas!!!)
QUE SABEDES DESE ESTILO MUSICAL? Aínda os estilos musicais máis raros, de seguro que nos traen á nosa memoria algún dato. É case imposible non saber nada de algo!!
QUE QUEREDES SABER? Aínda que coñezamos moito sobre un estilo musical, sempre quedan cousas por aprender. É case imposible saber todo de algo!! Nas instrucións que había nos discos, apunto varias posibilidades:
·orixe e causas dese estilo musical
·Donde se dou ese estilo (ubicación xeográfica)
·Cando se produciu (momento histórico)
·Representantes
·Instrumentos empregados
·Modalidades, estilos
·Estética, rasgos físicos que o definen
·Anécdotas
·…
COMO NOS IMOS ORGANIZAR? Haberá que buscar información para dar resposta á pregunta anterior. Para iso contamos coa colaboración das familias, e por suposto coa miña colaboración. Estarei encantada de recibirvos na miña-nosa casiña, na biblioteca para axudarvos en todo o que poida. Pero ollo!!, non todo o que leamos vale, hai que selecionar a información, hai que debullala, e hai que preparala. DARLLE O NOSO TOQUE PERSOAL!!
COMO O IMOS PRESENTAR? Cando rematemos o traballo das preguntas anteriores, é o momento de COMUNICALO. Desta volta non imos facer libro, nin carteis, nin fotos.... Agora toca FALAR. A meta deste traballo é facer unha EXPOSICIÓN ORAL de todo o que investigamos. Unha boa opción para apoiar esta exposición é facer unha presentación dixital, para a que podedes contar co asesoramento da bibioteca...
O pasado martes, día 9 de maio tivemos o pracer de recibir no noso colexio ao mestre e escritor estradense Xosé Luna Sanmartín.
Realmente foi para nós
un auténtico luxo poder contar coa presenza deste persoeiro tan
importante, pero sobre todo, tan bo amigo.
Baixo a calidez e a
presenza dun Sol Rebulideiro, os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de EP
puideron desfrutar e xogar coas palabras dun conto moi divertido. Claro,
se son as palabras de Xosé Luna, que foi quen de escribir entre outros
O libro dos bicos, nunca se sabe o que pode pasar, ao mellor ata se
pode colar Unha iguana no Ceip de Figueiroa.. eh?
A semana do libro de Abril 2017, está enmarcada dendo do proxecto ESTRADA DE ESTRADAS. Por iso botamos man da obra do autor local XOSÉ LUN, para dar e recibir poemas de dúas das súas obras: "O libro dos bicos" e "Sol rebulideiro".
De como saeu todo, damos conta, no seguinte vídeo:
A celebración do DÍA-SEMANA-MES do LIBRO, vai máis alá de coñecer e traballar sobre historias que chegan ata nós. Nesta ocasión a proposta que nos ofrece Carola é a CREACIÓN LITERARIA.
A Biblio de Carola vai contar con dúas novas incorporacións, unha historia dos grupos A e a outra dos grupos B do noso CEIP de Figueiroa.
O proceso é o seguinte:
- En Educación Infantil tómanse as decisións que marcarán o inicio do conto.
4º de Infantil decide sobre QUE ou QUEN protagoniza a historia
5º de Infantil decide sobre ONDE se vai desenvolver todo
6º de Infantil decide sobre QUE VAI APARECER
6º de Infantil decide sobre O QUE NON PODE FALTAR
- Canto chegan esas condicións a Primaria, a historia empeza nunha das clases e vai pasando por todas e cada unha ata que todas e todos participen.
Para ilustrar os contos, en cada clase fan os debuxos que queiran, sobre calquera das partes da historia.
TEMOS UN CONTO ENTRE MANS...,
DAS CLASES A.
QUE ou QUEN: Unha escola embruxada
ONDE: un monte moi alto, onde de noite se vían as estrelas
QUE VAI APARECER: unha caixa máxica que se move e bota fume
Por fin temos un novo conto feito por todos e para todos:
O "noso" Mago Toño foi quen de facer que algúns de nós fixeramos cousas incríbles!!
Cando as nenas e nenos de toooodo Infantil e @s de 1º e 2º chegaron ao salón, pouco podían sospeitar do que alí ía acontecer...
O salón..., cheo completo!!
Bos días, Mago Toño!!!
onde irá parar o pano azul?
Para saber que lle pasou a Óscar co pano vermello, ou se Mara foi quen de encantar a serpe, ou se Carla consigueu pescar a carta.... SON TANTAS FOTOS QUE PICA E VERÁS...
Menudo paseo pola obra de Carlos Casares da man de Cris de Caldas!!!
Cris xa se está a convertir nun "imprescindible " do noso cole. E neste ano, non podía ofrecernos mellor agasallo que darnos a coñecer ou re-coñecer a Carlos Casares.
@s afortunad@s en disfrutar de Cris e Carlos, nesta ocasión, foron nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.